Toda Galicia entra na Fase 1 da desescalada

As catro provincias poderán avanzar na relaxación das medidas do estado de alarma a partir do luns 11 de maio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

As catro provincias galegas entran na Fase 1 da desescalada a partir deste luns, 11 de maio, segundo anunciou este venres o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón.

Xente en Vigo na primeira fin de semana de saídas por franxas horarias e idades
Xente en Vigo na primeira fin de semana de saídas por franxas horarias e idades | Fonte: © Miguel Núñez.

Minutos antes de comparecer publicamente, o ministro Illa comunicou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a decisión acordada polo comité de expertos. Fíxoo no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, no que participaron o Goberno e as comunidades autónomas este venres.

ADVERTENCIA

Pola súa banda, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegurou que na nova fase de desescalada das medidas impostas para loitar contra o novo coronavirus vai ser "máis necesario que nunca" a disciplina social, o lavado frecuente de mans, o distanciamento social, a hixiene en espazos públicos e privados e o uso obrigatorio da máscara.

Nunha rolda de prensa xunto ao director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, para explicar os criterios para permitir o paso á fase 1 da desescalada, o ministro de Sanidade comentou que o 51 por cento da poboación poderá pasar a esta fase, aínda que insistiu na importancia de que leven a cabo as medidas preventivas.

"Agora é máis necesaria que nunca a disciplina social, a distancia interpersoal, o lavado frecuente de mans, a hixiene e o uso obrigatorio das máscaras", dixo Illa, para subliñar a importancia de que na nova etapa se consolide o logrado na primeira, "consolidar o control da epidemia" do coronavirus.

FEIJÓO

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saúda que o Ministerio de Sanidade determinase que a comunidade galega pase a fase 1 do proceso de desescalada.

Tras o anuncio do director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, sobre cales son as unidades territoriais de España que poden pasar á seguinte fase, o titular do Goberno galego publicou un tweet no que considera que esta decisión supón "un estímulo para todos".

Neste sentido, o presidente galego manifestou: "Galicia pasa á fase 1 e é un estímulo para todos que hai que agradecer especialmente aos profesionais sanitarios. Pero non debemos relaxarnos. Ao contrario: temos que redobrar prudencia e responsabilidade individual polo ben de todos. #Sentidiño".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Piconha

Boto de menos que non se expliquen de maneira insistente e por tódolos medios as cousas que se poden e que non se poden facer nesta fase. Estamos na era da comunicación!

1 Gamela

neso precisamente consiste esta alarma contínua, en facernos crer que somos parvos por non saber as últimas modificacións puntuais das súas Ordes Ministeriais (?) pero tí tranquila que o Delegado do Goberno tampouco se entera de nada... o malo é que a nós sí nos poñen multas e él as cobra !!!

3 Rente

Pero non deciades onte mesmo que Galicia non cumplía os requisitos para pasar á Fase 1? Era información ou manipulación? Este medio de comunicación tamén está perdendo credibilidade. Unha mágoa.

2 fase 2

Por favor que alguen avise o vello -Vieiras mediante pomba mensaxeira, que xa pode sair do refuxio nuclear artesanal que construiu precipitadamente na finca feudal de Reborainas... que saque xa os sacos terreiros e as taboas que meteu diante da porta da adega da casa... que parece todo un refugallo de escombros guindados sen ton nen son...

1 Gamela

Vigo dando a nota... Abel Caballero "presumía" onte das 65 denuncias da súa policía local amparado no puñetero estado de alarma... O malo dos Caudillos é que nunca saben deixar de mandar !!! https://vigohoy.es/las-cuatro-provi... Sentidiño coa Nova Anormalidade!