O PSdeG pide "planificación, estratexia e medidas de apoio" para o sector turístico

O partido denuncia tamén o "alarmante deixamento" da Xunta de cara á apertura das bibliotecas públicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 21:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou necesario "planificación, estratexia e medidas de apoio" para o sector turístico ante os problemas que afronta debido á crise do coronavirus.

Así o manifestou nunha mensaxe publicada nas súas redes sociais despois de que varios cargos do PSdeG se reuniran co Clúster de Turismo de Galicia, sector ao que trasladou o recoñecemento dos socialistas galegos e a súa colaboración en "momentos tan complexos".

Pola súa banda, nun comunicado remitido aos medios, o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, destacou o peso específico do sector na economía galega e o seu papel fundamental na saída da anterior crise.

Por iso, subliñou a necesidade de que as diferentes administracións públicas, e especialmente o Goberno de España, sexan sensibles co sector, "que necesita máis fondos para garantir a súa viabilidade e futuro".

Así, entre outras cuestións, chamou a atención sobre a situación que viven as axencias de viaxes no que se refire aos bonos con validez dun ano, pediu a flexibilización dos ERTE e trasladaron a necesidade de aproveitar a situación para mellorar o funcionamento dos aeroportos galegos.

BIBLIOTECAS

Por outra banda, noutro comunicado remitido aos medios, a portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou o "alarmante deixamento" da Xunta de cara á apertura das bibliotecas públicas. A responsable socialista presentou unha iniciativa parlamentaria na que alerta da falta de directrices e de protocolos na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, dirixida polo goberno galego.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta