O Colexio de Traballo Social alerta da falta de protocolos para os servizos sociais na fase 1

O colexio asegura detectar moitas "carencias" en dependencia e piden ao Executivo autonómico que "aborde" canto antes esta cuestión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) alertou da falta de protocolos para os servizos sociais na fase 1 da desescalada e reclamou á Xunta que envíe "sen demora" protocolos para os traballadores.

Nun comunicado remitido aos medios, o colexio asegura detectar moitas "carencias" en dependencia e piden ao Executivo autonómico que "aborde" canto antes esta cuestión tendo en conta que se trata do sistema que "vela polas persoas maiores".

O COTSG sinala a existencia de "moito atraso" na asignación de prazas residenciais das emerxencias que contemplan situacións de abandono, de risco inminente para a integridade física do usuario ou de malos tratos. O resultado diso, segundo indica, é o "desamparo no que a administración galega ten asumidas ás persoas máis vulnerables".

Por todo iso, reclamaron á Xunta a posta en marcha de protocolos para a reapertura dos centros, o reforzo dos servizos de proximidade de carácter domiciliario en todas as súas modalidades para garantir os coidados, facilitar a realización de test aos profesionais, reforzar os centros de día, así como a procura de mecanismos de conciliación para o persoal dos centros.

Unha muller ao coidado dunha persoa maior
Unha muller ao coidado dunha persoa maior

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta