O Vigo do século XXII e os paseos de Calero por Santiago, focos de dous próximos libros

Promoven estas dúas publicacións para conmemorar as Letras Galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2020 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Distintas iniciativas culturais impulsadas en Santiago e Vigo conmemorarán o Día dás Letras Galegas, en concreto farano coa publicación de senllos libros. Un deles, 'A derrota do Scórpio. Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero', analiza a figura do autor homenanejado en Compostela, e o outro, 'Vigo XXII. Unha ollada ao futuro' dá unha "mirada" desta cidade desde a visión de distintos autores.

En rolda de prensa, vía telemática, a concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, destacou a relación de Carvalho Calero coa cidade, do mesmo xeito que o fixo Óscar Senra, de Maos Innovación Social, impulsores do libro que se editou para conmemorar o 17 de maio.

Se a primeira convidou á cidadanía a conmemorar o Día das Letras Galegas, pese ao actual contexto de crise sanitaria pola COVID-19, o segundo subliñou que o libro supón un achegamento á vez que pasou o homenaxeado en Santiago de Compostela, onde estivo 32 anos, primeiro na adolescencia e despois desde 1965 ata a súa morte.

A publicación recolle fotografías e fai un percorrido por aqueles lugares onde paseaba o autor. "É unha relación da súa vida e a súa obra con Santiago de Compostela", expuxo Óscar Senra.

PUBLICACIÓN DE VIGO

Tamén nesta xornada, en Vigo, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, presentaron o libro 'Vigo XXII. Unha ollada ao futuro', obra na que dez escritoras e escritores e unha fotógrafa imaxinan a cidade do próximo século, segundo expuxo Castro na presentación do mesmo.

Fano en relatos breves feitos desde puntos de vistas diferentes como o humor, a crítica social ou a ciencia ficción. David Regades avanzou que a publicación se poderá solicitar de forma grautita, á vez que trasladou a intención de impulsar distintos proxectos culturais.

O delegado de Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, presentan o libro 'Vigo XXII, unha ollada ao futuro'. VIGO
O delegado de Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, presentan o libro 'Vigo XXII, unha ollada ao futuro'. VIGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta