UGT reclama apoiar ao sector cultural para "paliar a súa difícil situación"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

A Unión Xeral de Traballadores en Galicia (UXT) reclama que se destine apoios ao sector cultural desde as administracións públicas para "paliar a súa difícil situación" desde que se iniciou a crise sanitaria provocada polo coronavirus.

O sindicato realizou esta demanda este sábado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, que este ano se dedica á figura de Ricardo Carvalho Calero. Desde a perspectiva de UXT, o sector da cultura é "estratéxico" e precisa "dun esforzo coordinado por parte de todas as administracións" para poder amortecer as dificultades que viven os profesionais deste ámbito como consecuencia da pandemia.

Ademais, a forza sindical destacou que precisamente nestes duros momentos se recorre á cultura "como un ben de primeira necesidade", xa que os traballadores deste mundo "contribuíron con xenerosidade a pór en marcha e a difundir centenares de iniciativas que axudaron á poboación" a soportar semanas de confinamento.

Por outra banda, este colectivo quixo "reafirmarse" no "insubstituíble" papel da lingua galega "para todas, para a nosa sociedade" como vehículo de comunicación e como unha "parte do noso patrimonio e medio básico da expresión cultural".

Neste sentido, destacaron o "compromiso" de Carvalho Calero co idioma e instaron á cidadanía a "difundilo, protexelo e mantelo" en todos os ámbitos da sociedade. Para iso, instan á Xunta a "implicarse na súa promoción" e que sexa "unha prioridade" no ámbito educativo.

Imaxe de recurso duns libros de texto.. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de recurso duns libros de texto.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta