Mobilizacións en Ordes e Mesía contra un parque eólico que se está tramitando a pesar do confinamento

'Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas' denuncia que este proxecto promovido por Green Capital Power atenta contra o Camiño de Santiago e aldeas de Ordes e Mesía.

Por Galicia Confidencial | Ordes | 21/05/2020 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Veciños e entidades da comarca de Ordes vense obrigadsa a mobilizarse, ao de alarma, para presentar ante a Consellería de Medio Ambiente alegacións ao proxecto inicial do Parque Eólico Solpor, un parque que contempla aeroxeradores nos concellos de Ordes e Mesía. Este proxecto, a pesar da situación social especial xerada polo coronavirus, está na fase de consultas, en exposición pública, na lista de proxectos sometidos a avaliación de impacto ambiental da Xunta.

O parque eólico, promovido pola empresa Green Capital Power, está formado por 7 muiños de vento e unha subestación eléctrica, situados concretamente nas parroquias de Olas (Mesía), Vilamaior, Buscás e Ardemil (Ordes), entre aldeas habitadas, nunha zona moi próxima ao trazado do Camiño de Santiago. Os veciños critican que se trata dun "atentando contra as aldeas máis próximas, a saúde pública das persoas que viven máis próximas e o futuro medioambiental do lugar" nunha comarca que está catalogada pola propia Xunta como Zona de Especial Interese Agrario.

Desde o colectivo veciñal ‘Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas’ instan a todas as persoas afectadas a presentar alegacións canto antes no rexistro da Xunta ou a través da propia web da Consellería de Medio Ambiente, para poder impedir a chegada dos macroeólicos entre as aldeas.

Afectación do parque eólico Solpor que Green Capital Power quere facer entre Mesía e Ordes
Afectación do parque eólico Solpor que Green Capital Power quere facer entre Mesía e Ordes

Green Capital Power xa intentou hai dous anos, na primavera do 2018, implantar dous macroparques eólicos na mesma zona. Daquela chamoulles Parque Eólico Ardemil e Parque Eólico A Pobra e debido á súa alta potencia, tivo que presentalos para tramitarse no Ministerio de Medio Ambiente. A alta contestación veciñal e institucional que tiveron aqueles proxectos fixo que en poucas semanas a empresa se vira obrigada a retiralos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta