Comeza o xermolo dunha fronte antifascista en Galicia para responder ás protestas da ultradereita

Piden imitar o modelo do Frente Popular dos anos 30 entre entidades e partidos políticos da esquerda e do independentismo para parar á ultradereita.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/05/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Agora Galiza-Unidade Popular quere que as distintas organizacións e partidos políticos da esquerda e do independentismo en Galicia se xunten a falar, “sem exclusom nem condicionamentos previos", para tecer unha fronte antifascista que faga fronte ás accións convocadas pola ultradereita nas rúas de distintas cidades a pesar do estado de alarma, como a que tivo lugar en Vigo este mércores.

“Perante a ofensiva do fascismo nas ruas, solicitando liberdade, violando impunemente o estado de alarma, é necessário agirmos. Nom podemos olhar para outro lado como se nada passa-se, nom podemos deixar-nos arrastar pola resignaçom e a indolência, nom podemos esperar mais. É necessário que o antifascismo responda com urgência a umha escalada reacionária que só está iniciando os seus primeiros passos”, indican desde esta organización.

Neste sentido, apunta como modelo a seguir o da Frente Popular dos anos 30, que apoiou entre outros o PSOE, o Partido Comunista, o Partido Galeguista, os republicanos galegos ou o agrarista de Antón Alonso Ríos. “Com esta iniciativa só procuramos facilitar umha primeira reuniom que sente as bases para  atingir a confluência e unidade antifascista”, apunta.

Esta organización propón unha xuntanza virtual a última semana de maio –o 26 pola tarde-- tras as convocatorias organizadas por Vox para este sábado e para “madurecer propostas”.

Manifestación convocada pola ultradereita e Vox en Madrid en contra da actuación do Goberno central na xestión da Covid-19
Manifestación convocada pola ultradereita e Vox en Madrid en contra da actuación do Goberno central na xestión da Covid-19 | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Bufff

O parto dos montes.

3 Doctor Sito

A macarrada quere lío

2 Gamela

Contra a acción, REACCIÓN ? Semella aquel principio non escrito que dicía: "contra Franco vivíase mellor" (?) Contra os fachas vai a lograr a "esquerda" chegar a acordos cando antes non foron capaces de facelo ? Dúbido que os resultados foran bos para ninguén ! A Fronte Popular rematou dando paso a unha barbarie como nunca vimos (?) Dito doutro xeito, entrarlle ao trapo á ultradereita é suliñar en vermello os seus argumentos e espallalos aínda máis do que xa están ! (Non falo de cordóns sanitarios) Falo de que o proxecto En Marea foi un FRACASO polas esquerdas que temos neste país... polas partitocracias reinantes, polo egoismo dalgúns persoeiros que deberan estar xubilados dende hai moito tempo... Polo PODER son capaces de matar á súa nai... (non é cousa de buscar chivos expiatorios agora en VOX) Cada pau que aguante a súa vela !!!

1 Bismutiño

Esta es buena, los lusistas haciendo de banda de la porra del gobierno de Pedro Sánchez.

1 Eduardo Romero Freire

Eu non son de Vigo, mais e unha xente loitadora, e a día de hoxe chamarlles Portugueses e unha honra.