Interceptada unha condutora a 216 km/h nun tramo limitado a 120 na Manchica (Ourense)

A muller colaborou posteriormente coa Garda Civil na investigación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil detectou a unha condutora que circulaba a 216 quilómetros por hora na AG-31, limitada a 120 km/h, á altura da localidade da Manchica (Ourense).

Segundo informou o Instituto Armado, na tarde do pasado martes axentes do Subsector de Tráfico de Ourense rexistraron no seu cinemómetro unha velocidade de 216 km/h no momento no que un vehículo Mercedes C-220 pasaba por un punto de control de radar establecido no quilómetro 3.100 da AG-31 en sentido Portugal.

O vehículo tomou a saída do punto quilométrico 5 con dirección á poboación da Manchica, polo que non chegou ao momento de control e verificación previsto por condicións de seguridade do tráfico no quilómetro 7.

Por este motivo, a Benemérita activou varios equipos de Tráfico na zona para a localización do vehículo e identificación do condutor, así como para comprobar as circunstancias da persoa que conducía, xa que recentemente nun rexistro de radar recente detectouse un vehículo a 170 km/h cuxo condutor obtivo positivo indiciario en consumo de drogas.

Tras as xestións a través da Central Operativa de Tráfico contactaron telefonicamente coa titular do vehículo, unha muller de 32 anos veciña de Reboredo, quen accedeu a entrevistarse cun equipo especializado no seguimento de delitos viarios.

A muller recoñeceu ante os axentes ser responsable dos feitos constatados e manifestou que se dirixía a un taller de lavado de vehículos na localidade da Manchica, lugar no que deixou o seu coche nun dos servizos de limpeza. Ao lugar acudiron axentes para tomar manifestación ao encargado do local, quen confirmou que o citado vehículo tivo entrada no seu establecemento ao redor da hora dos feitos.

Durante a primeira entrevista "non se evidenciaron na muller signos de consumo de alcol ou drogas", indicaron as mesmas fontes, e descartouse "intencionalidade por parte da condutora de eludir o control policial".

Tras esta primeira entrevista, coa que resultou ser a condutora no momento dos feitos, esta desprazouse voluntariamente a dependencias de Atestados do Subsector de Tráfico de Ourense para a confección de dilixencias que serán remitidas ao Xulgado de Celanova ante cuxa xuíza deberá responder por un delito contra a seguridade viaria ao superar en 96 quilómetros por hora o límite de 120 km/h no tramo de vía.

As penas previstas no Código Penal para este tipo de delito fixan en ata seis meses de privación de liberdade, multas a razón de tres a seis meses, ata 90 días de servizos comunitarios en inhabilitación para conducir dun a catro anos.

Radar Fixo
Radar Fixo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta