As matronas reivindican o seu papel no Día Internacional da Saúde da Muller

A Fundación Amigos de Galicia denuncia que en moitos países a situación socioeconómica e cultural impide ás mulleres gozar dunha "saúde digna".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Matronas sumouse ás proclamas deste 28 de maio, Día Internacional da Saúde da Muller, e reivindicou o papel que desenvolven nos coidados da saúde das mulleres ao longo de toda a súa vida.

Este colectivo, xunto a outros como a Fundación Amigos de Galicia, recoñece que a saúde tamén é un asunto que se ve condicionado por cuestións de xénero e, neste sentido, Amigos de Galicia apuntou que en moitos países seguen sendo as circunstancias "socioeconómicas e culturais" as que impiden ás mulleres e nenas gozar dunha "saúde digna".

Sobre o mesmo tema, as matronas denunciaron que hai partes do mundo nas que "as mulleres non teñen liberdade para tomar decisións que determinan o seu estado de saúde" e que contan con patoloxías específicas como "o cancro de cérvix ou de mama", que afecta maioritariamente a elas.

Ademais, entre as mulleres existe unha "maior prevalencia de trastornos mentais e unha morbi-mortalidade asociada á violencia de xénero". Da mesma maneira, puxeron sobre a mesa as 830 mortes ao día asociadas á maternidade, polo sometemento a tratamentos de fertilidade entre outras circunstancias e a violencia que sofren durante a xestación 1 de cada 4 mulleres, segundo a Organización Mundial da Saúde.

Neste día, as matronas tamén quixeron destacar que en España existe unha "feminización do envellecemento" que propicia as patoloxías crónicas. Así, a prevalencia de enfermidades tamén a propicia a pobreza, que impide o acceso a tratamentos ou medicamentos que as mulleres necesitan para tratar as súas doenzas, subliñou pola súa banda Amigos de Galicia.

A violencia sexual e física ou os labores de coidados que desenvolven na súa gran maioría as mulleres, tamén son algúns dos aspectos que os colectivos con perspectiva de xénero reivindicaron nun día no que trataron de visibilizar a fenda existente entre homes e mulleres tamén no ámbito da saúde.

Matrona atendendo un embarazo
Matrona atendendo un embarazo | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta