Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 16:10
Un informe da Rede Localis apunta a que a crise reducirá a capacidade de gasto dos concellos galegos pola súa dependencia financeira do Estado e a Xunta.
De tal forma, Rede Localis aconsella unha maior flexibilidade nas transferencias recibidas desde o Estado e a Xunta aos municipios, á vez que remarca que as de tipo corrente benefician a municipios con menos poboación.
Explica que a caída do PIB, o aumento do déficit público e a diminución da recadación, tanto a nivel estatal como autonómico, "supoñerán con toda probabilidade un recorte das transferencias que viñan recibindo os gobernos locais do resto de administracións públicas, así como da súa participación nos tributos".
Por iso, os concellos terán que realizar un esforzo adicional por atender as necesidades económicas que xeran a COVID-19 na cidadanía, como a prestación de servizos sociais.
ACHEGAS DE XUNTA E ESTADO
De media, os concellos galegos obteñen entre o 42% e o 55% dos seus ingresos a través destas transferencias. Entre o período 2010 e 2017 as transferencias por habitante do Estado en municipios galegos incrementáronse en 62 euros.
A dotación media asignada aos concellos galegos é de 453 euros por habitante. En 2017, os concellos de ata 5.000 habitantes recibían máis ou menos máis de 250 euros por habitante que os concellos de máis de 50.000 habitantes. Nese ano, os municipios galegos recibiron por habitante 89 euros máis que a media estatal, o que pon de manifesto unha maior dependencia financeira.
A achega que fai a Xunta de Galicia aos concellos galegos é do 29,3% respecto de todas as transferencias correntes fronte ao 22,3% de media a nivel estatal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.