As condicións laborais de Tragsa, empresa da Xunta, quedan en evidencia tras a morte dun veterinario
A CIG acusa a Administración galega de manter situacións "intolerables" entre este colectivo profesional. A CSIF vai presentar unha denuncia ante Inspección de Traballo para que prohiba que estes profesionais vaian de un en un sanear as vacas.