Detido un home en Ourense tras case pelexarse nun bar e desobedecer a Policía

Xa lle constan unha decena de detencións anteriores.

Por E.P. | OURENSE | 31/05/2020 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Ourense un home de 43 anos, natural de Santander e ao que lle constaban unha decena de detencións anteriores, tras irromper nun establecemento onde case se pelexa cun cliente e despois desobedecer as indicacións dos axentes da autoridade.

Os feitos ocorreron este sábado pola tarde, segundo informa a Policía Nacional. En concreto, sobre as 15,00 horas, a sala do 091 recibiu unha chamada na que se comunicaba que un individuo "estaba a molestar" os vehículos que circulaban e os viandantes, aos que lles pedía diñeiro "gritando e realizando xestos intimidatorios, chegando a cuspirlles".

Unha dotación de Seguridade Cidadá dirixiuse ao lugar pero non atoparon a ninguén. Aos poucos minutos, o 091 recibiu outra chamada na que se comunicaban uns feitos similares no interior dun local, onde chegou a case pelexarse cun cliente, relata a Policía Nacional.

Os axentes dirixíronse ao establecemento para entrevistarse coa persoa que requirira a súa presenza. Alí, comunicoulles que o home "molestaba os clientes" e que "a un deles que lle recriminou a súa actitude case lle pega diante do seu fillo menor de idade".

Ademais, relatou á Policía que desde o inicio do estado de alarma o home acode ao negocio, "leva xénero sen pagalo", pretende "entrar na zona privada", empuxa a porta "cando está pechado" e que mesmo segue ao responsable "ata o garaxe onde ten estacionado o vehículo". A iso engadiu que tiña "perdas económicas porque van menos clientes para non atoparse" con el.

Tras isto, os actuantes atoparon ao individuo sentado nun banco próximo. Desde alí, o home "comeza a gritar, axitando os brazos e non obedecendo ás indicacións policiais". Por iso, os axentes procedendo á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais para continuar coas xestións oportunas. Está previsto que pase a disposición xudicial ao longo do domingo.

Axente de Garda Civil | AXM
Axente de Garda Civil | AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta