Comezan a abrir algúns pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal, pero só en Ourense

O paso fronteirizo de Calvos de Randín e Tourém abre desde este luns dous días por semana.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/06/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

O paso fronteirizo entre Calvos de Randín (Ourense) e Tourém (en Montalegre, Portugal) abrirase a partir deste luns farao, inicialmente, dous días á semana, segundo confirmou o alcalde desta localidade ourensá, Aquilino Valencia (PSOE).

Esta medida establécese, de común acordo entre España e Portugal, para abrir os luns e os xoves de 6,00 a 8,00 e de 17,00 a 19,00 horas.

O alcalde de Calvos de Randín expresou a Europa Press a súa satisfacción pola apertura deste paso no que, recoñeceu, "non hai moito tránsito, pero é moi necesario". "Somos dous pobos que temos moito en común, hai xente que vive nun lado e traballa noutro, e estaban a dar un rodeo de 60 quilómetros para chegar ao paso de Verín", xustificou.

Militares na fronteira con Portugal. BRIGADA ESTREMADURA XI
Militares na fronteira con Portugal. BRIGADA ESTREMADURA XI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta