A CIG insta a Feijóo que garanta a continuidade de Noa Madeira

Este mércores, delegados de CIG-Industria de Ferrol participaron nunha concentración ás portas das instalacións de Noa Madeira para trasladar o seu apoio ao persoal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A CIG replicou ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que o Grupo Masala "é un exemplo, pero de precaridad" despois de que o mandatario, segundo o sindicato, eloxiase o "compromiso" deste grupo, ao que pertence Noa Madeira Creativa, empresa de Fene que está en expendiente de extinción que afecta a case 90 traballadores.

Este mércores, delegados de CIG-Industria de Ferrol participaron nunha concentración ás portas das instalacións de Noa Madeira para trasladar o seu apoio ao persoal.

A central nacionalista lembra que este xoves termina o período de consulta dos expedientes "e nada indica" que a empresa "vaia a recuar" nestas medidas, que pasan pola extinción da sección de metal e a implantación dun ERTE para o resto do persoal por un período de 15 meses.

A CIG considera que se trata dunha operación de Grupo Masala para "quedar coa cota de mercado" de Noa Madeira, á que, tras a súa compra, pretende "desmantelar" para trasladar a súa carga de traballo ás instalacións do grupo situadas en Cerceda, onde os traballadores "teñen peores condicións".

Por iso, afean ao presidente autonómico que puxese como "exemplo de compromiso" ao Grupo Masala durante a emerxencia sanitaria e respóndenlle que se esta compañía "é exemplo de algo é de precaridade".

"Daremos a batalla cos traballadores e as traballadoras de Noa para que esta planta siga existindo e producindo", manifestou o secretario comarcal da CIG de Ferrol, Manuel Anxo Grandal.

O secretario comarcal de CIG Ferrol, Manuel Anxo Grandal, nunha concentración ás portas das instalacións de Noa Madeira Creativa. CIG
O secretario comarcal de CIG Ferrol, Manuel Anxo Grandal, nunha concentración ás portas das instalacións de Noa Madeira Creativa. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta