O presidente galego atribúe as filtracións do vídeo de Irene Montero a "acusacións entre xornalistas"

Defende a "honradez" dalgúns informadores da canle pública galega apuntados como os filtradores do bruto da entrevista ao ABC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu a "honradez" da CRTVG, e a da algún dos seus xornalistas, ante as suspicacias lanzadas cara ao medio público por supostamente filtrar ao ABC a entrevista en bruto da ministra Irene Montero xa que forma parte da rede de medios FORTA --a entrevista era da televisión vasca-- e dixo que el non ía entrar " en acusacións entre xornalistas".

Con todo, si referiu que o "desmentido da CRTVG foi moi contundente" respecto diso de que se lle puidese vincular coa filtración do vídeo a outro medio de comunicación. "Remítome aí; a acusación presunta, directa ou indirecta con outro xornalista, insisto, non vou entrar. Creo na honradez da televisión galega e dos outros medios; os problemas entre xornalistas non me corresponde tomar partido", aseverou.

Así, focalizou a cuestión en se "o que se pretende" é tentar que non se coñezan as "manifestacións da ministra Irene Montero", acerca de que o que "lle conviña ao Goberno era calar para tentar non diminuír" a presenza nas manifestacións do 8-M.

SITUACIÓN DA CRTVG

O mandatario pronunciouse así na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que foi preguntado por esta cuestión e a petición de toda a oposición de que compareza en sede parlamentaria para abordar a situación da CRTVG, ao que non respondeu en concreto, senón que se referiu a que é o Goberno que "máis compareceu nunha deputación permanente", é dicir, coa cámara disolta, nunha comunidade autónoma.

Tamén foi cuestionado acerca de se ten previsto impulsar a dirección da CRTVG coa nova lexislatura e o seu actual dirixente á cabeza, Alfonso Sánchez-Izquierdo. Feijóo volveu defender que o nome do actual director é froito dun "pacto co grupo maioritario", é dicir, co entón PSdeG de Pachi Vázquez --que sempre o negou publicamente--.

En todo caso, a lei da CRTVG foi modificada no ano 2011 e tiña un prazo de seis meses para renovar a súa dirección e consello de administración. Estes prazos víronse suspendidos ata a conversión da corporación en compañía, o cal, en todo caso, xa se culminou fai máis de catro anos.

Na súa intervención en rolda de prensa, Feijóo non se referiu a a renovación senón ao nomeamento de Sánchez Izquierdo en 2009 e dixo, adicionalmente, que el o que "non" fará son as "políticas" de RTVE.

Feijóo despois do debate electoral da CRTVG 25S. EUROPA PRESS - Arquivo
Feijóo despois do debate electoral da CRTVG 25S. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Se o ex radiovoz e exdirector da Vox de Galicia e actual director de ABC é o opinador de referencia da RadioGalega... qué lle queres?