CxG considera un "insulto" a proposta de fronte común de En Común a PSOE e BNG

A formación replica que Gómez-Reino "non conte" con Marea Galeguista para ter como "único obxectivo" botar a Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG), Juan Carlos Piñeiro Docampo, replicou a Galicia en Común que "non conte" coa coalición Marea Galeguista para "facer política co único obxectivo de botar a Feijóo".

Unha semana despois de que o candidato de Galicia En Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, lanzase unha proposta a PSOE e BNG de facer unha fronte común para visualizar unha alternativa ao PPdeG de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións do 12 de xullo, Compromiso agradeceu ao líder de Podemos Galicia que non incluíse na proposición a Marea Galeguista, coalición na que participa a organización que encabeza Piñeiro Docampo.

"Agradecemos que non conte con Marea Galeguista, xa que a nós o que nos preocupa é facer política para a xente de Galicia, non contra ninguén", sinalou Piñeiro Docampo, segundo recolle un comunicado remitido aos medios este martes.

"Este tipo de propostas buscan repercusión, pero son un insulto á liberdade de voto dos galegos e galegas, e mesmo un descrédito á figura da Presidencia de Galicia, que recae en quen elixen os votantes", apuntou o secretario xeral de CxG.

Piñeiro Docampo (dereita) Villamayor (esquerda)
Piñeiro Docampo (dereita) Villamayor (esquerda)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 UN PATRIOTA

ladron dixolle o rateiro o bandido.... PENOSO NO QUE ACABOU CxG debía ser a esperanza da dereita galega pero foron engañados polo vello, si o innomeabel e xa esta, os afundiron dende un principio, logo os levaron a esquerda a socialdemocracia, non tiñan, non tiñan valor e cando por fin son de dereitas, coma o PNV, chegan os restos do naufraxio da mareante e os levan a todos por diante... isto e un-ha vergonza... NON A EXPAÑA E OS SEUS PARTIDOS!!!! votar en expañol e darlle un futuro moi negro a Galiza

1 Salitre

CxG, e ti, de quen ves sendo?