Sanitarios denuncian en Santiago que a sanidade pública “está en coma”

Nunha concentración fronte o edificio da Xunta, reclamaron orzamentos sanitarios “acordes aos que a nosa sociedade merece”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2020 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

Unha concentración de sanitarios diante das instalacións de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, reclamou o incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a mellora en condicións laborais e autonomía para os profesionais da medicina para planificar a atención sanitaria. Pediron tamén unha solución inmediata para as listas de espera, o aumento do persoal en centros públicos e a eliminación da precariedade laboral. 

Concentración de sanitarios en Santiago
Concentración de sanitarios en Santiago | Fonte: sanitarios

En referencia a este último punto, acusan de estarse practicando “contratos á marxe da legalidade”, con contratacións por días para non cotizar fins de semana, ou contratos de investigación para cubrir traballo asistencial. A isto suman ter os descansos correspondentes tras as diferentes xornadas de garda.

Reclaman que tanto o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, como o conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña, se reúnan con eles para organizar o sistema sanitario. “ De non facelo, "demotrarían que a nosa saúde non lles importa”. Por último, censuran a falta de información, formación e medios para afrontaren a pandemia da COVID-19 que acabou por “converternos no país líder en sanitarios contaxiados por COVID-19”.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta