Renfe aumentará as frecuencias entre Galicia e Madrid a partir do 26 de xuño ante o aumento de visitas

Debido ás obras que leva a cabo Adif entre Zamora e Ourense, Renfe ampliará máis tarde os servizos entre Galicia e Madrid. No caso de Asturias e Castela e León, o aumento comeza este luns, 22 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | VALLADOLID | 22/06/2020 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Renfe pon á venda a oferta de servizos comerciais, que inclúe Ave e Longa Distancia, para viaxar a partir deste luns, 22 de xuño, ata o 12 de decembro.

Tren Alvia de Renfe. RENFE - Arquivo
Tren Alvia de Renfe. RENFE - Arquivo

No caso de Castela e León, incrementarase nun tren por sentido os trens entre Asturias e Madrid (con parada en León, Palencia, Valladolid e Segovia). Tamén aumentarán os servizos Alvia entre Madrid e Galicia (con parada en Segovia e Zamora), onde prestarán servizo tres trens por sentido a partir do 26 de xuño e non do día 22, debido ás obras que leva a cabo Adif entre Zamora e Ourense.

A oferta deixa atrás as restricións á mobilidade e incorpora un total de 98 frecuencias diarias, fronte ás 67 actuais, o que supón un 46 por cento máis de trens que a oferta actual. Esta oferta ampliarase gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de ocupación nos trens, sinala Renfe a través dun comunicado remitido a Europa Press.

O incremento de frecuencias e prazas é xeeralizado en todos os corredores, con maior incidencia naqueles con máis volume de viaxeiros. En total, desde este luns as circulacións Ave e Longa Distancia sumarán unhas 30.000 prazas diarias, o que supón en total un 50 por cento máis con respecto ás actuais.

A oferta de frecuencias e trens irase ampliando, en función da evolución da demanda e a ocupación dos trens, ata recuperar os niveis previos á crise. A compañía pon á venda os trens ata o 12 de decembro de maneira que, a través da venda anticipada, poderá observar a evolución da demanda a varios meses vista e habilitar os incrementos de trens e frecuencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta