O brote de coronavirus da Barbanza fai incrementar os casos activos en Galicia

Incrementáronse en 4 os casos da área sanitaria de Santiago-Barbanza, a pesar das persoas curadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus COVID-19 aumentaron en tres con respecto a este domingo en Galicia e sitúanse en 343, mentres que as persoas curadas incrementáronse noutra tres ata as 10.535. Este incremento de casos débese, en parte, ao brote detectado no Barbanza, onde se confirmaron xa nove infenctados.

Así consta nos datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, nos que se indica que do total de pacientes positivos catro permanecen en unidades de hospitalización e 339 no domicilio, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos COVID.

Dos 343 casos positivos, 138 corresponden á área de Vigo --dúas menos que este domingo--; 110 á da Coruña e Cee --un máis--; 34 á de Santiago e Barbanza --catro máis--; 24 á de Ourense --sen cambios--; 17 á de Lugo --igual--; 12 á de Ferrol --igual que hai 24 horas-- e oito á de Pontevedra --sen cambios--.

Sanidade sinala que ata a data curáronse en Galicia 10.535 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. O número de PCR realizadas na Comunidade galega ascenden a 166.574 fronte ás 165.608 contabilizadas este domingo.

Por outra banda, os casos de COVID-19 en residencias de maiores de Galicia mantéñense en cinco este luns, ao non haber cambios nas últimas 24 horas, segundo os datos facilitados polas consellerías de Política Social e Sanidade. Así, rexístranse catro casos positivos entre usuarios; tres deles na residencia Santa Teresa Jornet na Coruña e un en Caser A Zapateira en Culleredo.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta