Rebaixas dos fondos de libros de A Nosa Terra

O Consorcio Editorial Galego organiza un 'outlet' de volumes da defunta editorial a prezos 2 libros por 5 euros ou 5 por 10 euros. Parte dos fondos irán para cubrir as débedas que aínda mantén ANT cos seus ex-traballadores.

Por GC Tendencias | Santiago | 01/02/2013 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

Do 1 ó 17 de febreiro, o Centro Comercial Area Central de Santiago acollerá un grande ‘outlet’ do libro. É un evento organizado polo Consorcio Editorial Galego e que contará cunha ampla exposición de libros á venda con prezos de liquidación, ademais de moitas e variadas actividades paralelas dirixidas aos visitantes máis pequenos.

Libro d'Os Bolechas de Pepe Carreiro editado por A Nosa Terra
Libro d'Os Bolechas de Pepe Carreiro editado por A Nosa Terra | Fonte: cronicadesampaio

Haberá un gran posto de venda de libros descatalogados de diferentes editoriais. En moitos casos serán títulos de libros dificilmente localizables nas canles habituais de venda ou primeiras edicións.

Moitos deses fondos proveñen da  liquidación d'A Nosa Terra. A venda deses libros servirá para sufragar parte da débeda que a empresa da Construtora San José deixou a algúns dos seus traballadores.

Segundo Cultura Galega, os libros poranse á venda en lotes de 2 libros por 5 euros, 5 por 10 euros, e prezos de 5, 10 e 15 euros.

Ademais do espazo de venda, todos os sábados haberá, a partir das 7 da tarde, actividades para os máis pequenos a cargo de Xandobela, que se encargará do obradoiro «Trebellos e outros contos».

Unha das imaxes dos bolechas
Unha das imaxes dos bolechas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 anonimo

¿recibieron subvención? si fue así...¿la va a devolver jacinto rey o se la habrá gastado en gasofa para el yate?

1 Pèsco

Mal coñeces tí a historia. Nos 90, A nosa terra ten recorrido en todas as instancias por ser o único medio que non recibía subvencións por publicar en galego. O motivo ? Que disque as subvencións eran para periódicos e A nosa terra era semanal, toda unha xustificación. Así as subvencións ían para os xornais coñecidos que xa sabemos o que tal publican en galego. Curiosamente iso non cho vin criticar, aí as subvencións non chocan co ideario do libremercado. É ben pavero ver que te alegras do peche dunha empresa.

2 observador

Pois anónimo, da Xunta de Galicia dos últimos 5 anos non recibiu nin un peso, por eso quebra. Toda a pasta foi para La Coz que leva máis de 2000 millóns de pesetas de todos para propaganda. Queixaraste diso tamén?...

3 anonimo

no digais mentiras, recibió mucho del bipartito, lo que le sirvió para pasar de ser un periódico cutre a parecer de diseño, por dar cifras ahí va una. 50.000 euros para celebrar el aniversario de su primera publicación. Entre los nacionalistas al final el todo por la patria es el todo por la pasta.

4 farruco

pobre ignorante

1 Carabullas

A edición en galego dificilmente coñecerá un fenómeno similar aos Bolechas. Quen me pode explicar como é posible que teña quebrado unha editorial que durante anos vendeu centos de miles de exemplares a institucións e particulares?

1 Bolecho

Mágoa que os debuxos animados da Galega teñan unhas voces cun acento galego tan artificial...

2 Fulham

NOn se chama "acento galego artificial", chámase "acento español", tecnicamente fonética española e non galega. Mágoa, porque Shin Chan estaba moi ben dobrado.