Porto capta negocio con publicidade en galego

O aeroporto de Sá Carneiro fai publicidade na nosa lingua para atraer pasaxeiros. O 13% dos seus pasaxeiros xa é de Galicia.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 07/02/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O aeroporto do Porto agrandase e non ten complexos ningún en facelo en facerse un pouco galego. Mentres nas terminais galegas é difícil atopar reclamos en portugués, e mesmo na nosa lingua, Sá Carneiro non tivo problemas en iniciar unha campaña en galego. "Oporto, o aeroporto de tódolos galegos", rezan varios paneis publicitarios.

Publicidade en galego no aeroporto de Porto
Publicidade en galego no aeroporto de Porto | Fonte: @ourensan

Non é a primeira vez que os portugueses se lanzan a conquistar o mercado galego. Nos últimos anos intensificaron as campañas publicitarias, especialmente, no Sur de Galicia. En Vigo lanzan periodicamente campañas con valados publicitarios, carteis e anuncios que chaman a elixir o aeroporto portugués para facer as súas viaxes.

Sala "galega"

Ademais, Sá Carneiro tenta atraer aos galegos coa súa lingua, a súa cultura e os seus medios. No aeroporto existe tamén unha sala vip con xornais galegos, a TVG nas televisións e outras vías de información sobre Galicia.

O obxectivo está claro, captar o máximo número de viaxeiros posible. Mentres as tres terminais galegas perden viaxeiros,o Porto gáñaos. Xa ten tantos viaxeiros xuntos como Alvedro ou Peinador. En 2011, Sá Carneiro superaba o seis millóns de usuarios, cun crecemento do 13,7%.

O 13% xa son galegos

ANA, o organismo que xestiona os aeroportos de Portugal, cifra nun 13% a porcentaxe de usuarios do aeroporto portugués que procede de Galicia. Esta porcentaxe aplicada por exemplo ao mes de agosto de 2012, en que a terminal lusa marcou unha nova marca de pasaxeiros, suporía que máis de 83.000 persoas cruzaron a fronteira para coller un voo.

Por iso, é lóxico que cando un galego utiliza este aeroporto vexa publicidades como as que remite Daniel (@ourensan); "os portugueses teñen moi claro cal é o aeroporto dos galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

12 Laxe

É normal. Os galegos non somos parvos e buscamos o que mellor saia para o noso peto. A Xunta leva dende principios dos 90 subvencionando a metade dos vóos de Lavacolla e intentando que sexa ese "aeroporto de tódolos galegos" e en parte logrouno xa que é "o aeroporto pagado cos cartos de tódolos galegos" e o único que conseguiron así foi que á xente que non quere voar dende Lavacolla teña que buscarse a vida .... e moitos acaban en Oporto. En vez de potenciar os aeroportos que están preto dos potenciales consumidores, potenciaron o aeroporto que queda mais afastado de tódolos galegos. Alvedro e Peinador están o carón das maiores aglomeracions de xente en Galicia ademais de que dende Ourense chégase moito antes a Peinador que a Lavacolla. O mesmo ocurre dende Lugo ata Alvedro.

1 Laxe

E digo eu que Ferrol, Viveiro, Laxe, Vilalba... son galegos coma os demais e todos eles teñen mais preto Alvedro que Lavacolla. O Carballiño, Xinzo, Chantada, Verín... todos mais preto de Peinador. ¿Realmente a quen lle queda mais cerca Lavacolla que Peinador ou Alvedro?

11 Sebastião

Som dois os aeroportos que se beneficiam da nossa dispersom, o do Porto (obviamente) e o de Barajas, que consegue que as viagens internacionais dos galegos passem por ai.

10 Un que viaxa

Semella que a grande maioria pensa o mesmo, pero agora que xa esta feita, aver que e o bravo que pecha os de vigo e coruña. Sentidiño, a xente non vai o aeroporto polo bonito ou perto que está, se non porque lle compensa os gastos, destinos , voos, horarios etc, e nisto os Portugueses mexan por nos, o que pasa e que teñen 4 aeroportos pra unha boa xestión, e nos 49. O resto son parvadas.

1 realista

As cousas que se poñen en Santiago para toda Galicia non van todo o ben que deberían. Nin o Gaiás, nin Labacolla. Non teñen unha cidade (non chega a cen mil habitantes e está nunha comarca relativamente pobre) da importancia demográfica e económica precisa para manter certas cousas, de aeroportos a teatros, museus, etc. Eu sei que os galegos de fora das areas metropolitanas de Vigo ou A Coruña preferen Santiago, por cuestións sentimentáis, a esas dúas cidades. Mais a realidade é a realidade. Non é localismo, é realismo. Compostela para capital política ben, mais non se pode facer dela o núcleo económico ou cultural do país.

2 Antón

Non se sustenta o que dis, Realista, precisamente polas razóns que se aportaron antes. Claro que Santiago é pequeno, pero dada a dispersión do pais, non temos xente abonda nunha única cidade para soster un aeroporto como é debido, e a distancia é a axeitada os núcleos que temos.

9 federico

Os aeroportos adoitan ter maior ou menor importancia segundo o tamaño e nivel económico da urbe ou conurbación que teñan detrás. Véxase o caso de Vitoria, que se quixo facer o aeroporto de Euskadi e non resultóu, o de Bilbao é o que pita. Na Suiza o principal é Zurich, non Berna, mesmo Berlin xa vai paseniñamente quitándolle importancia a Frankfurt. O medo galego á urbe, á cidade, fixo que se pusexe Labacolla nun area económicamente insignificante. Así nos vai. Dous aeroportos no país, para as duas áreas económicamente máis importantes, é o lóxico.

1 antilocalista

Non comeces co pu.to localismo. Santiago está a unha hora de Vigo, Ourense e Lugo e a menos dunha hora da Coruña. É, agora, o que máis vos ten e o que máis prestixo ten. Ten unha nova terminal que habería que potenciar e bos accesos. Iso é o que hai que ter en conta e deixarse de caralladas das "grandes urbes". E dicho un de Vigo para evitar caralladas localistas.

2 anonimo

la cruña un, vigo dous, santiago tres, e o de lugo... casi casi... un aeroporto non e unha piscina municipl ou pabillon polideportivo, vivo na csota da morte e son da opinion que se deberia ter potenciado santiago polo tema situacion central e equidistante das catro grandes urbes, e coa pasta tirada no resto con unha rede de autovia ou carreteras que permitiran chegar en menos de unha hora dende ditas cidades, que serian aproveitadas polo resto dos cidadans para os seus desprazaemntos, que de seguro nos salian gratis e senon no peor dos casos descontos ou gratuitidade a quen fora a viaxar no avion con so presentar o billete , como nos duty free, pero claro si ellos tienen onu (UNO) nosotros queremos dos (DOUS) aver quen era o guapo de alcalde que non recklaba un aeroprto ou polighano po seu untamento ou reino de taifa provincial

3 O Príncipe dos Mouros

Eu son da Coruña e concordo co usuario antilocalista. Santiago ten os principais atractivos turísticos, a catedral e o Gaiás, pódense facer incursións ao resto do territorio, está ben comunicada por AVE coa Coruña e Ourense, acolle tamén o turismo de conferencias e congresos, e ten a mellor capacidade hoteleira cunha chea de hoteis de 5 estrelas. É o mellor para todos.

4 O Príncipe dos Mouros

Que alguén lle pida a este unha cita no psiquiatra e lle pague unhas leccións de galego, que se ve que as precisa. Nótaselle que non foi á escola. A min ENCÁNTAME lamber cucuruchos madrileños. Non teñas problemas con iso.

5 esnaquizamorons

isso ja o sabemos, que tu desfrutas sugar caralhas e sobretodo lamber cus madrilenos. Por isso tens a cara de lambe-m*rda que tes

8 Roi Xordo

1º) Que se aeroporto en Compostela, que se aeroporto na Coruña para que Sir Paco Vázquez non se enfade, que se aeroporto en Vigo porque se o teñen na Cruña tamén o teñen que ter en Vigo, e ó final o conto da leiteira xa se sabe como remata: cun único aeroporto, pero en Porto. 2º) Moraleja: que se BNG, que se Anova, que se BNUPG, que se CxG, que se AGE, e ó final xa sabemos como ha rematar: unha única organización chamada Izquierda Unida de Galicia. 3º) Por certo, artigos coma o de Paco Rodríguez en Sermos Galiza axudan ben pouco a evitar iso.