Porto capta negocio con publicidade en galego

O aeroporto de Sá Carneiro fai publicidade na nosa lingua para atraer pasaxeiros. O 13% dos seus pasaxeiros xa é de Galicia.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 07/02/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O aeroporto do Porto agrandase e non ten complexos ningún en facelo en facerse un pouco galego. Mentres nas terminais galegas é difícil atopar reclamos en portugués, e mesmo na nosa lingua, Sá Carneiro non tivo problemas en iniciar unha campaña en galego. "Oporto, o aeroporto de tódolos galegos", rezan varios paneis publicitarios.

Publicidade en galego no aeroporto de Porto
Publicidade en galego no aeroporto de Porto | Fonte: @ourensan

Non é a primeira vez que os portugueses se lanzan a conquistar o mercado galego. Nos últimos anos intensificaron as campañas publicitarias, especialmente, no Sur de Galicia. En Vigo lanzan periodicamente campañas con valados publicitarios, carteis e anuncios que chaman a elixir o aeroporto portugués para facer as súas viaxes.

Sala "galega"

Ademais, Sá Carneiro tenta atraer aos galegos coa súa lingua, a súa cultura e os seus medios. No aeroporto existe tamén unha sala vip con xornais galegos, a TVG nas televisións e outras vías de información sobre Galicia.

O obxectivo está claro, captar o máximo número de viaxeiros posible. Mentres as tres terminais galegas perden viaxeiros,o Porto gáñaos. Xa ten tantos viaxeiros xuntos como Alvedro ou Peinador. En 2011, Sá Carneiro superaba o seis millóns de usuarios, cun crecemento do 13,7%.

O 13% xa son galegos

ANA, o organismo que xestiona os aeroportos de Portugal, cifra nun 13% a porcentaxe de usuarios do aeroporto portugués que procede de Galicia. Esta porcentaxe aplicada por exemplo ao mes de agosto de 2012, en que a terminal lusa marcou unha nova marca de pasaxeiros, suporía que máis de 83.000 persoas cruzaron a fronteira para coller un voo.

Por iso, é lóxico que cando un galego utiliza este aeroporto vexa publicidades como as que remite Daniel (@ourensan); "os portugueses teñen moi claro cal é o aeroporto dos galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

7 Ourensan

Ola, son o citado Daniel (@ourensan no Twitter). Deixo o link do tweet para que vexades o pedazo cartaz que puxeron no aeroporto. http://twitter.com/ourensan/status/...

6 oventoquepassa

como dirían os de siniestro: menos mal que nos queda Porugal!

5 ckzb

De sempre teñen máis sentido os portugueses, que saben que existe o galego e existe o portugués, que os reintegratas que son un quero e non poido. Orgullosos do noso, orgullosos do galego. E moi próximos aos irmáns portugueses.

1 España, bandera

Evidentemente. Todo el mundo sabe que el gallego es un dialecto español hablado en cuatro provincias españolas, que Portugal es el brazo que le amputaron a España, que el portugués más que hablar es escupir, que las portuguesas tienen bigote y que los gallegos son mansos como las ovejitas y votan al PP. Eso no hacía falta ni mencionarlo. Los únicos que no se enteran son los lusistas.

2 Akribéstaton

"Orgulhosos do nosso"? Eu jamais aceitaria um lema assim. Nem "o nosso" tem por que ser bom, nem o "orgulho" é a melhor atitude. De facto, as mais das cousas "nossas", ou nas que os galegos destacam e são mestres (ou cadeirádegos...), são merecedoras de outra cousa que o desprezo. Deixa o "orgulho" como compensação para os submetidos, o que importa, a nós e a todos, é a dignidade e o respeito ao bom, o belo e o verdadeiro.

3 Akribéstaton

José Manuel Outeiro: não é raro que repetindo sempre as mesmas sandices possas te multiplicar como Príncipe, Senhora e "Akribêstaton". Os três escrevendo ao mesmo tempo, Gasconcete. Até outra, que eu não tenho nem tantos dispositivos nem tanta ânsia por figurar.

4 Xosé Manuel Outeiro

Pedro Bravo López, condéno-te ao anonimato perpetuo, a seres um parasita vitalício da Xunta, a continuar com o teu lavor de cúmplice do perverso sistema capitalista de controle das mentes e da mocidade, e a ler a República de Platão em voz alta (em espanhol) na triste soedade do teu (abondossíssimo) tempo de lazer.

5 Felipe Suarez

Pedro Bravo López é un deses parasitos que unicamente se dedican a escribir nos foros da Internet, iso e a chatear con quen sexa, tentando practicar sexo onanista con algún interlocutor, mais facéndoo sempre en castelán. Aí está a cousa!

4 galegoexiliado

Mentras na Galiza andades con liortas localistas o Xan Carneiro vaise convertindo no aeroporto da Galiza. Ahora so faltan as conesions aereas e por AVE con aeródromos galegos pa que os emigrados e exilados non teñamos que voar fora da Expaña vía Madriz. E co Sr Nuñez ó timon todo se andará.

1 lois

¿ Se os galegos usásemos oporto, para qué ía haber un AVE que comunicase os aeroportos galegos, se precisamente non os iamos usar? O AVE non está pensado para unir aeroportos, senón Coruña- Santiago - Vigo.Ademais, Alvedro e Peinador están na cima dun monte, moi lonxe da vía do tren, así que é inviable que teñan nunca nengunha conexión con ave. O ferrocarril , O Ave, está pensado para un tráfico de milleiros de persoas ao día (entre Coruña e Vigo viaxan 2 millóns de persoas en tren ao ano ), e iso non se daría nos aeroportos galegos: xa hai un bus ao día entre Coruña e Lavacolla, e non vai cheo: non ten sentido, en suma, unha conexión ferroviaria aos aeoportos, porque non hai tráfico dabondo, e faría que a liña coruña vigo deixase de ser competitiva, ao ter que dar un logo rodeo.

3 O Príncipe dos Mouros

Póñenlles "tódolos" e eles caen todos coma moscas. Así temos a fama de parvos que temos e pagamos a fama xustos por pecadores. O señor Feijóo non ten pensado facer absolutamente nada para deter isto? Se cadra pagan o voo alí máis barato, pero as peaxes...