Porto capta negocio con publicidade en galego

O aeroporto de Sá Carneiro fai publicidade na nosa lingua para atraer pasaxeiros. O 13% dos seus pasaxeiros xa é de Galicia.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 07/02/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O aeroporto do Porto agrandase e non ten complexos ningún en facelo en facerse un pouco galego. Mentres nas terminais galegas é difícil atopar reclamos en portugués, e mesmo na nosa lingua, Sá Carneiro non tivo problemas en iniciar unha campaña en galego. "Oporto, o aeroporto de tódolos galegos", rezan varios paneis publicitarios.

Publicidade en galego no aeroporto de Porto
Publicidade en galego no aeroporto de Porto | Fonte: @ourensan

Non é a primeira vez que os portugueses se lanzan a conquistar o mercado galego. Nos últimos anos intensificaron as campañas publicitarias, especialmente, no Sur de Galicia. En Vigo lanzan periodicamente campañas con valados publicitarios, carteis e anuncios que chaman a elixir o aeroporto portugués para facer as súas viaxes.

Sala "galega"

Ademais, Sá Carneiro tenta atraer aos galegos coa súa lingua, a súa cultura e os seus medios. No aeroporto existe tamén unha sala vip con xornais galegos, a TVG nas televisións e outras vías de información sobre Galicia.

O obxectivo está claro, captar o máximo número de viaxeiros posible. Mentres as tres terminais galegas perden viaxeiros,o Porto gáñaos. Xa ten tantos viaxeiros xuntos como Alvedro ou Peinador. En 2011, Sá Carneiro superaba o seis millóns de usuarios, cun crecemento do 13,7%.

O 13% xa son galegos

ANA, o organismo que xestiona os aeroportos de Portugal, cifra nun 13% a porcentaxe de usuarios do aeroporto portugués que procede de Galicia. Esta porcentaxe aplicada por exemplo ao mes de agosto de 2012, en que a terminal lusa marcou unha nova marca de pasaxeiros, suporía que máis de 83.000 persoas cruzaron a fronteira para coller un voo.

Por iso, é lóxico que cando un galego utiliza este aeroporto vexa publicidades como as que remite Daniel (@ourensan); "os portugueses teñen moi claro cal é o aeroporto dos galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

2 outeiro

Oporto? Tódolos?

1 lois

Oporto capta clientes galegos sobre todo polos prezos dos vos. Eis a razon de que a xente vaia alá.

1 semoncho

Os prezos sim, mas sobre todo a possibilidade de voar sem escalas a muitos mais destinos dos que oferecem os aeroportos galegos.