As autocaravanas, o turismo "seguro e de calidade" no verán da distancia social

A covid impulsa un mercado que ofrece 500 vehículos en aluguer en toda Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela serviu como escenario este martes para a presentación da Asociación de Empresas Galegas de Aluguer de Autocaravanas (Asemgal), unha entidade que nace para reivindicar este tipo de turismo "seguro e de calidade", que ofrece na comunidade 2.000 prazas a través dunha frota de máis de 500 vehículos.

Os integrantes de Asemgal foron recibidos na Praza do Obradoiro polo concelleiro Gonzalo Muíños, que puxo en valor as autocaravanas para un "novo turismo que ten que xurdir" derivado da crise da COVID-19, "seguro e de calidade" e que consome "en comercio de proximidade".

A entidade está composta por 36 compañías do sector, que buscan pór en valor e dar visibilidade a esta fórmula alternativa de turismo, en boga actualmente polas características que a fan acorde coa etapa post COVID-19. Entre outras cousas, o turismo de autocaravana permite un maior illamento, así como adaptarse ás rutas por pequenos núcleos situados no territorio galego, o que, á súa vez, favorece que o "impacto económico" distribúase entre as comarcas.

ÁREAS ACONDICIONADAS

Para o sector, unha das "materias pendentes" é o acondicionamento de áreas e servizos para a localización das autocaravanas. "Somos conscientes de que o crecemento implica tensións nalgúns casos, pero deberiamos ir progresivamente adaptando espazos", dixo Elías Rozas, que comprometeu a colaboración da asociación á hora de achegar ideas.

No caso concreto de Santiago, o edil Gonzalo Muíños admitiu que están "pendentes" de mellorar os servizos na área de aparcadoiro de Salgueiriños. "Consideramos de xeito evidente que é insuficiente, non pola distancia, se non por darlle máis cobertura e máis servizos", explicou o concelleiro, que comprometeu este traballo de face ao ano que vén, Xacobeo 21.

Cámping, caravana
Cámping, caravana | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta