“Agrávase” a censura na TVG

O Comité de Empresa denuncia que os casos de corrupción do PP, como o Gürtel e a Pokemon, aumentaron o control político dos informativos e piden a creación dun Estatuto Profesional para regular os contidos do medio público. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | | 05/02/2013 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O Comité de Empresa da TVG denunciou por parte dos actuais dirixentes da televisión pública da manipulación que padecen os informativos da canle pública e alertaron sobre as presións e as intervencións sobre o seu traballo que están a recibir a cotío os e as profesionais do medio.

Non é a primeira vez que os representantes dos traballadores denuncian “inxerencias” do poder político do PPdeG no ente público, pero, nesta ocasión, apuntan o problema “agravouse” nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o Caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado Caso Bárcenas.

Casos “penosos e vergoñentos”

O Comité da TVG considera “especialmente penosas e vergoñentas” estas prácticas de manipulación da televisión pública no actual contexto de grave crise económica e profundo deterioramento político e social, “xusto cando unha cidadanía en gran parte empobrecida e indignada esixe máis que nunca o seu dereito de acceso a unha información veraz, plural e obxectiva”, apunta nun comunicado.

Ademais, denuncia a ausencia dun mecanismo que evite as presións coas que teñen que traballar cada día os profesionais e que garanta a liberdade e a indepencia no exercicio dos seus labores informativos.

Estatuto profesional

Por iso, pide a “creación inmediata” do Estatuto Profesional que contempla a Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia. Este  instrumento , segundo a mesma lei indica, está “destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos”.

Unha das últimas mobilizacións dos traballadores da CRTVG
Unha das últimas mobilizacións dos traballadores da CRTVG

A Lei dos medios públicos que o Parlamento galego aprobou en decembro de 2011 obriga tamén a crear un Consello de Informativos, como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, que terá como obxectivos “velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles”.

Velaquí algúns exemplos da cobertura dos telexornais sobre os casos de presunta corrupción Gürtel e Pokemon nos últimos días

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

14 Rabuñán

Agás dous ou tres espazos, fai tempo que deixei de ver a TVG e de oir a RG. Xa digo, agás puntuais programas négome a ver e a escoitar ese detrito pagado con cartos públicos. Se realmente queres escachar coa risa, non hai máis que ver eses espazos de humor que botan ao mediodía, a tarde e a noite que se titula TELEXORNAL.

13 Lenguda

A TVG é pior ca aquelas Tvs municipais de antes, escandalosas. Se vira daquela a TVG de hoxe (e mira que antes tamén era noxenta) deixaría quedar ben ás teles dos caciques de vila. Non hai por onde collela en todo-los sentidos: calidade baixo cero, rigor inexistente, presentadores de informativos malísimos...; Deleznable. Eu non a vexo e anímo a que non se vexa, porque total, ¿para que?

12 Anxo

Pero que se denuncia? Porque nestes videos non se mira gran cousa.

11 omaio

non só na galega ,na voz manipulan as súas enquisas ,e censuran comentarios a mansalva,cando críticas ao pp sobretodo a feijoo,xa se sabe como reaccionan as dictaduras cando están nas últimas. se vos dades conta dende decembro non mencionan a beiras,e condo saen psoe e bng e pa falar algo coma despidos,enfrontamentos etc ,que boas son as subencións pa que defendan a un.

1 X. Lavandeira

É verdade, pero non é o mesmo nin ten a mesma gravidade que o faga unha empresa privada que o faga un medio público que mantemos todos con cartos públicos.

2 omaio

la voz leva cartos públicos .........

10 Xesteira

A TVG é peor que Bárcenas. Traballadores (?) de 35 horas semanais con dous meses de vacacións cobran 65.000 euros/ano. Insisto: ¡A TVG, que peche xa! Os cen millóns de euros do seu presuposto que vaian para os parados, desafiuzados e dependentes.

1 Nan

Non é por nada, pero iso que dis non é certo, hai suficientes argumentos nesta noticia para ver o que se está a facer na TVG, non é necesario que inventes nada...