Feijóo 'vístese de pelingrín' para asegurar as "garantías" do Camiño ós turistas

O candidato do PP ó 12X tamén chama á prudencia dos visitantes, que inaugurarán unha tempada atípica sen abrazos ó apóstolo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Os camiños xacobeos que desembocan en Santiago de Compostela reabriron este primeiro día de xullo para acoller aos peregrinos por primeira vez desde a pandemia. Fixérono, segundo o presidente da Xunta cunhas"garantías de seguridade" que Núñez Feijóo quixo destacar facendo un chamamento, en paralelo, á "prudencia e a cautela"; que, dixo, son as cualidades mantidas que permitiron reinaugurar as rutas a Compostela.

Feijóo, Bugallo e Román Rodríguez na reapertura dos camiños de Santiago
Feijóo, Bugallo e Román Rodríguez na reapertura dos camiños de Santiago | Fonte: Europa Press

O presidente da Xunta compartiu acto co alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, que destacou a xornada como "un día extraordinario, un gran día" que, se as circunstancias non fosen as actuais, non sería especial. Pero neste caso, matizou, si o é, polo que comprometeu desde as administracións públicas "esforzo ao máximo" para dar as garantías a todos os que elixan facer o Camiño, á vez que animou a realizar calquera das rutas xacobeas.

Tamén se referiu a a próxima apertura da porta santa. "O Xacobeo 21 non vai ser como tiñamos previsto, pero será motivo de reactivación social e económica para toda Galicia e para toda España", sinalou.

UN VERÁN ATÍPICO

Coa chegada do mes de xullo dá comezo unha tempada turística atípica que se verá marcaa polas restriccións impostas como consecuencia da pandemia. Este mesmo día abre ó público a Catedra, que recibirá visitas pero con aforamento limitado -entre 150 e 200 persoas, indican as autoridades- e un percorrido fixado de antemán e que só decorrerá nun sentido e sen a posibilidade de darlle o abrazo ao Apóstolo. Ademais, os visitantes non poderán realizar o tradicional abrazo ó Apóstolo por motivos de hixiene.

APERTURA DE ALBERGUES

Os peregrinos do Camiño de Santiago, que aos poucos van retornando á Ruta Xacobea, poden atopar xa uns 140 albergues abertos no Camiño francés, "un cada 20 ou 25 quilómetros". E para dar seguridade aos viaxeiros, a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, presidida polo alcalde de Logroño, Pablo Fermoso de Mendoza, lanzou a súa campaña 'Albergues seguros'.

Fermoso de Mendoza presentou este mércores a campaña no Albergue municipal da capital rioxana, que reabrirá as súas portas o próximo día 6, como adiantou o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, Juan Cruz Cabrito, "cun aforamento ao 50 por cento, 32 prazas fronte ás 74 habituais".

Non haberá tampouco no albergue logroñés "servizos comúns como a cociña; coas duchas separadas entre homes e mulleres e de dúas en dúas, no canto de catro en catro como é habitual, e desinfectando tras cada uso. Contarase, ademais, con máscaras, biombos, xeles, luvas, alfombras desinfectantes e bolsas para gardar as mochilas".

En xeral, esta rede de albergues tradicionais e municipais, asesorada pola propia Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, abre as súas portas a partir da primeira semana de xullo permitindo a peregrinación de longa distancia desde Aragón e Navarra ata Santiago de Compostela, en cumprimento estrito dos novos requirimentos sanitarios xurdidos tras a pandemia da COVID-19.

A Asociación facilita a través da súa web https://www.amcsantiago.com/ un mapa interactivo coas localizacións e contactos desta Rede de Albergues Seguros. A partir do venres, 3 de xullo, o mapa actualizarase semanalmente incluíndo albergues dispoñibles para o peregrino, independentemente da súa tipoloxía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta