Pontón e Feijóo, os dous nomes dunha Galicia que volve ao tripartidismo de hai oito anos

Esfarelamento histórico do antigo espazo de En Marea que o PSdeG non consegue rendabilizar. Nin Marea Galeguista, nin Vox, nin Ciudadanos teñen tampouco espazo en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 13/07/2020 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo e Ana Pontón. Feijóo e Pontón. Eles dous son os grandes gañadores duns comicios históricos marcados por unha terrible pandemia que, finalmente, favoreceu ao partido no poder. O partido que controla os medios públicos, que soubo sacar partido das comparecencias constantes durante a corentena e que ten subvencionados aos grandes medios de comunicación de Galicia.

Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, presenta as primeiras medidas que fará se goberna e adianta estrutura de goberno coa Catedral de Santiago de fondo, na Alameda compostelá
Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, presenta as primeiras medidas que fará se goberna e adianta estrutura de goberno coa Catedral de Santiago de fondo, na Alameda compostelá

Pero os comicios galegos marcan unha tendencia única no Estado. Galicia volve ao tripartidismo que dinamitou a irrupción de Podemos, primeiro, e Ciudadanos e Vox, despois no panorama político estaltal. Tras experimentos rupturistas en Galicia que se romperon por deméritos propios, o Parlamento galego volve ter os tres partidos de sempre: PPdeG, BNG e PSdeG.

Feijóo demostrou, unha vez máis, que é a gran sombra de Casado. Tan longa que pode acabar afogando ao actual líder do PP. A súa cuarta maioría absoluta fai que se converta no novo Fraga de Galicia. Ata agora, só el e o fundador do PP son os únicos políticos que obtiveron catro maiorías absolutas, e as catro consecutivas.

TAMÉN GAÑOU PONTÓN

Gañou Feijóo, pero tamén gañou Ana Pontón. Pontón conseguiu o que nunca antes conseguira outro líder do BNG, superar os históricos resultados de Xosé Manuel Beiras, quen no 1997 realizou o primeiro "sorpaso" ao PSdeG con 18 escanos e o 25,11% dos votos. Pontón obtivo 19 con case o 24%  dos votos, nuns resultados que demostran que o esfarelamento de todo o antigo espazo da Marea foi directamente ao BNG.

Pontón demostrou que foi crecendo ano tras anos e que os anos de experiencia política, desde o 2004 cando accedeu á Cámara galega, fixeron que se teña convertido nunha líder sólida dentro do BNG. O feito de ser muller e a única muller con capacidade de ser presidenta en Galicia axudoulle moito nesta campaña que os estrategas nacionalistas souberon ver e potenciar ao longo desta campaña.

A CAÍDA DE EN MAREA

E todo o que gañou o BNG perdeuno o antigo espazo de En Marea, tanto, que ningunha das dúas forzas que se presentaban dividadas, obtiveron escano. É a maior caída da gloria ao ocaso dunha formación política en Galicia. Os que estaban chamados a cambiar Galicia, acabaron sendo cambiados e aniquilados polos electores en boa medida, senón en toda, polas liortas internas que os foron minguando durante todos estes anos.

Gómez-Reino, o seu candidato, anunciaba unha "fonda reflexión" para analizar o futuro político. Un futuro político negro que pode acabar levando por diante ás mareas municipais que aínda subsisten en Ferrol, Santiago e A Coruña. Un espazo que, como no caso destes comicios, pode ir tamén para o BNG.

O PSdeG NON MOBILIZA

Tampouco gaña o PSdeG, máis ben perde. Perde porque, aínda que mantivo os resultados de hai catro anos, non foi quen de sumar nin un escano do esfarelado espazo de En Marea. E, en parte, porque Gonzalo Caballero era un líder novo, pouco coñecido e que non conseguiu mobilizar ou namorar aos antigos votantes socialistas. Se o PSdeG saca novamente os tambores de guerra pasará o mesmo dentro de catro anos.

Por iso, Caballero destaca a súa intención de manterse na oposición catro anos para ir madurando como líder e buscar o espazo e os electores perdidos. "Eu acabo de chegar. E non é chegar e bicar o santo", xustificaba para destacar a necesidade de estabilidade no liderato da súa formación.

OUTROS ACTORES

Os comicios tamén demostran que as propostas galeguistas de Marea Galeguista non callaron a pesar de dispor de tempo nos medios públicos. Un tempo que non tivo Galicia en Común pero que tampouco lle serviu a Marea Galeguista para entrar na Cámara.

E as eleccións galegas demostra que Galicia segue sendo un fortín contra a ultradereita. Vox volveu quedar fora do parlamento galego e sen representación nunhas eleccións. Polo momento, non hai representación en concellos, Cámara galega e Congreso desta formación. Nin tampouco Ciudadanos que paga, en parte, o esfarelamento que esta formación tivo nas eleccións xerais de novembro de 2019 e as posteriores divisións ata a eleccións de Inés Arrimaas como nova líder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

6 Guillerme Gintonic

Os candidatos de La VOX de Galicia: Feijoo e Pontón

1 Rafa Cubatas

É unha pena que non te presentes ti. Ah que xa vos presentastes e sacastes 0. Pois catro anos máis de comentar en internet para cambiar las cosas si se puede mi ministerio

5 Praceres

Xogamos as eleccións? Gañar e arrasar está reservado para os profesionais (a Cousa Nosa do Paxarraco reconvertido). Logo, os que se contentan con participar, son os autóctonos (o tixolo da U Sociedade Limitada), os sucursalistas (o Postureo acomodado) e a farsa (os Sosos que venderon a sus propia nai). A oposición vai alternando teta, para contentalos imos deixar que suban por quendas e logo queimalos, o importante é aparentar xogo aberto. Por suposto, para animar e controlar aos adeptos contamos cos altofalantes de La Coz de Alicia e La Cesta de Planeta para dirixir o partido. A que é divertido o xogo? Acontecerá agora que carismática e moderada Ana Pontón deixou de ser simpática para a prensa concertada? Ocupará o seu lugar Yolanda ou Caballero?

4 Dubi Dubi .. Da

pregunto...xa escomenzou a procesión de volta e Ter que pasar pola gateira do BNG de tódolos desertores do arado, añicando as orellas ou sorrindo forzadamente e facendo o paseillo dos penitentes Pa volver a entrar na casa nai e pillar un cachiño por pouco que sea?? e a actual presidencial recoller aos como aquel pai os fillos produtos ou aplicará aquilo de...Apartados vosotros malditos...será bonito de ver

3 Violeta 4

El BNG subió mucho. Sin llegar a su techo electoral de 1997 en porcentaje de votos, se benefició de la fragmentación de la extrema izquierda, pero lo cierto es que Pontona fracasó rotundamente en su delirio de querer la primera mujer presidenta nacionalista, feminista y ricachona. Si hay algún día una mujer presidenta de la Xunta sólo puede ser del PP, que ha vuelto a arrasar demostrando que es el mejor partido para representar a los gallegos.

1 anonimo 2

A Violeta 4 não lhe gostam os resultados, e isso que o PP chegou ao 48%. Semelha que Violeta é das que pensam que Feijóo, como dizia alguns meio madrilenho era a “esquerda nacionalista” (não é) porque há uma cousa bem certa, para que não governe o PP algum dos partidos da oposição tenhem que convencer a pelo menos o 3% de votantes do PP,...será o BNG de Ana, será o PSdeG de Gonzalo... se as mudanças de voto são só na oposição... o PP governará eternamente

2 Ailalelo

As mulleres do PpdG son tan parvas coma os homes; logo de feixoo o deserto, ricachona? Coma tòdolos pepeiros?? Que che molesta diso??

2 Ana

Moita "Galicia,Galicia, Galicia" pero os galegos seguimos emigrando e sen beneficiarnos de producir enerxia na nosa terra, pechan empresas e quedamos sen caixas propias. ¿E eso o que votaron os galegos?. Pode gustar mais ou menos o PNV pero os vascos si se benefician de producir enerxia, teñen caixas propias e teñen industria. Desgraciadamente o PP non ten proxecto propio para Galicia pq se asi fose defenderian a "tarifa electrica galega" para beneficiar a empresas e particulares galegos e contribuir a crear emprego. Galicia podia ser mais rica que Euskadi, Cataluña e Madrid se se beneficiase dos seus recursos pero iso non pasara mentras se siga a votar a forzas politicas estatais.

1 nostrus

Ana, dejate de lerias y fantasias espirituales. Si gobernara el bloque convertiria a Galicia en una inmensa granja de gallegos en la que todos deberiamos ser como diseñaran los líderes. Nos dirian el modo de vida que deberiamos llevar (cultura) y la lengua que tendriamos que hablar y en cuanto nos salieramos un poco de la raya nos quitarian la nacionalidad gallega. Nosotros somos mejores que ellos y no dejamos de considerarlos españoles por mucho que escupan sobre nuestra nación y no le decimos que lengua tienen que hablar ni le exigimos que reciten la Carta Magna con una gran emocion. Ya que nunca serás feliz disfruta al menos de esas migajas.

2 uu1

“no le decimos que lengua tienen que hablar”, não, só se impede que uma das línguas OFICIAIS poda ser língua de uso habitual. Está garantido o direito a usar o galego para, entre outras cousas, renovar o dni ou passaporte, declarar num juízo, ser atendido na sanidade, ver a tv, presenta uma denúncia ante polícia ou guarda cível e muitíssimas mais cousas. A resposta é não. E a maioria dos galego falantes, e isto é por questão de idade votam ao .. PP, os que se avergonham das suas origens e dos seus pais votam a ciudadanos...que hablan muy bien el castellano