Por gcdeportes | Santiago de Compostela | 18/02/2013 | Actualizada ás 14:29
Parece que as últimas derrotas, sumado á renovación de técnico santiagués por dous anos máis, deulle outro aire ao Obradoiro. A tarefa non era doada, pero nesta tempada o Obradoiro pode mostrar a peor faciana, coma contra o Fuenlalabrada, ou loitar por unha vitoria que case ninguén contaba con ela, como este domingo, conseguindo a 10ª no campionato. O resultado final, 84 fronte os 70, rachan coas 12 vitorias consecutivas dos bascos ata onte.Para os de Moncho Fernández segue a ilusión de meterse nos" play off".
Os de Vitoria viñan de encaixar sendas derrotas contra o Barcelona na copa do rei e mais na Euroliga. A magnífica actuación de Pumpla, o atino dun descolorido Corbacho no primeiro cuarto , pero que logo entrou en calor e comezou a facer o que mellor se lle dá, as triplas, sumado a un Levon Kendall traballando arreo tanto nas labores defensivas coma ofensivas (19 puntos e máximo anotador do Obra) e mais Robbie Hummel sentíndose cómodo na cancha.
Disfrutando
O adestrador dos bascos, Zan Tabak, non daba coa solución para frear o xogo dos de Compostela. Isto fixo que as esperanzas dunha vitoria balsámica para os foráneos fora un espellismo que o multiusos, cun 90 % de espectadores, fixeran a "onda" antes do remate do encontro. Cabe destacar os minutos que Moncho Fernández lle concedeu a Iñaki Sanz, a fichaxe tras o descanso forzoso de Andrés Rodríguez (atento na bancada vendo a evolución dos seus compañeiros, e gozando coma todo o multiusos dunha vitoria traballada e merecida), co número 9 as costas, e Satrústegui coma nome impreso na elástica obradorista non desentoou nos minutos nos que saíu.
Os seareiros saíron máis que recompensados do xogo local. O miudiño fixo efecto neste encontro.Próxima parada nas illas contra o Canarias. É de recoñecer a labor de Lampe no "Caja Laboral, que anotou 16 ptos, pero a defensa do seu equipo non se atopou nunca ben no multiusos( todo o equipo).
Crónica de Santiago Vilas
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.