O BNG pide levar a Fiscalía a carretaxe de maiores dunha residencia a un colexio electoral en Ourense

Di que entre os acompañantes dos anciáns había "monxas e persoal do centro e non familiares" e que os maiores contaban "con capacidades físicas mermadas".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/07/2020 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou un escrito para pedir á Xunta Electoral que solicite a Fiscalía unha investigación polo traslado de persoas maiores desde unha residencia de anciáns ata o colexio electoral de Rairo, na cidade de Ourense, nos comicios galegos do pasado 12 de xullo.

A través dun comunicado, a formación nacionalista advirte que estes feitos poden constituír "posibles delitos electorais, así como posibles delitos por coaccións e contra a saúde pública", xa que "aínda a día de hoxe" a Residencia San José "teñen restrinxidas as visitas".

Durante o desenvolvemento da xornada electoral, o Bloque xa puxo en coñecemento da Xunta Electoral Provincial "irregularidades" nesta mesa electoral de Rairo despois a través de varias apoderadas que deixaron constancia diso na acta da propia mesa.

Entre os acompañantes dos anciáns, aseguran, atopábanse "monxas e persoal do centro e non familiares". Ademais, apunta o BNG, os maiores contaban "con capacidades físicas mermadas" e acudiron ao lugar en vehículos dos profesionais do xeriátrico. Así, a formación fixo constar na acta esta práctica e as matrículas dos automóbiles.

Tras pór estes feitos en coñecemento da administración electoral, agora o Bloque quere que se comunique á Fiscalía para investigar "posibles delitos electorais, así como posibles delitos por coaccións, delitos contra a saúde pública e outros dos que non puidésemos dar indicios".

Persoas maiores nun colexio da zona de Rairo en Ourense. BNG
Persoas maiores nun colexio da zona de Rairo en Ourense. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta