Por Galicia Confidencial | Monterrei | 30/07/2020 | Actualizada ás 12:58
O lume de Cualedro e Monterrei provocou perigosas situacións e puxo en risco a vida e as propiedades de varios veciños de San Cristovo, en Monterrei. Unha delas é María del Carmen, que non tivo problema en saír ao encontro do conselleiro do Medio Rural, sen saber quen era, para espetarlle na cara a crúa realidade que golpea a Galicia cada verán. "Eu non sei que é vostede, pero non ardeu máis porque desbroceu eu... Hai que previr antes", díxolle.
Estaban as cámara da TVG igual non sairá nos seus informativos, como outras moitas críticas ao Goberno galego durante os últimos anos. A vivenda de María del Carmen é unha das primeiras da aldea e estivo moi exposta ao lume. Afortunadamente, conseguiu salvarse porque ela tiña limpa a súa finca.
Esta veciña denuncia en DdT que viuse soa fronte ás chamas e os medios de extinción aéreos e terrestres -motobombas- non tentaron auxiliala a ela e ao resto dos veciños nos momentos máis dramáticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.