O Festival Noroeste responde á covid cun formato "reducido" centrado en artistas galegos

O aforamento estará limitado a 400 persoas e precisarase reserva previa de entradas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O Festival Noroeste Estrela Galicia, da Coruña, estrea formato "XS" con 16 artistas coruñeses ou galegos e reserva previa de entradas para concertos con aforamento limitado a 400 persoas. Entre o día 7 e o 9 deste mes, dous escenarios acollerán a 34 edición do festival.

"É un clásico na oferta cultural das festas", explicou a alcaldesa, Inés Rey, na rolda de prensa de presentación. Por iso, engadiu, coa situación de crise sanitaria, decidiuse "reformulalo en formato reducido" para dar "maior protagonismo" a artistas locais ou galegos e, así, "reducir desprazamentos entre territorios".

Para gozar dos espectáculos "de maneira segura, con sentidiño", o aforamento máximo será de 400 persoas, que terán que reservar a entrada de maneira previa a través de internet, e deberán levar máscara. O mobiliario será hixienizado entre concerto e concerto, engadiu a rexedora.

Cartel do festival. FESTIVAL NOROESTE 2020 XS
Cartel do festival. FESTIVAL NOROESTE 2020 XS

"OPORTUNIDADE" PARA O TALENTO GALEGO

"Este ano non haberá presenza de bandas internacionais, pero hai que velo como unha oportunidade; unha volta ás raíces e ao apoio ao talento local e galego", resaltou Rei, que avanzou que os dous escenarios levarán o nome de dúas "figuras" da música local falecidos o ano pasado: Nonito Pereira e Jaime Manso.

PRESENTACIÓN DE DISCOS

O director do festival, Roberto de la Iglesia, resaltou que Triángulo de Amor Bizarro, Moura ou Víctor Coyote presentarán disco nos seus respectivos concertos. O director lamentou que o coronavirus non permitise desenvolver a idea inicial de festival, "cun plus de contido, ampliando variedade e artistas de distintos recunchos do planeta".

Concerto | Festival de Jazz de Lugo
Concerto | Festival de Jazz de Lugo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta