A superficie afectada nos incendio de Viana do Bolo soben a 160 hectáreas

Nun arderon 110 hectáreas e no outro 50 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia



O incendio que permanece activo en Viana do Bolon na parroquia de Pradorramisquedo, afecta xa a 110 hectáreas, de acordo coa última actualización dos datos da Consellería do Medio Rural.

O lume, que comezou o luns pola mañá no municipio ourensán mobilizou a 10 axentes, 31 brigadas, catro motobombas, unha pa, nove avións e oito helicópteros.

Outro incendio forestal que afecta a este mesmo municipio, neste caso na parroquia de Rubiais, segue controlado, aínda que non extinguido, desde as 18,45 horas do martes. Queimou unha superficie de 50 hectáreas, segundo as últimas estimacións.

Este lume comezou na noite do luns e para o seu control mobilizáronse ata o momento seis axentes, 13 brigadas, oito motobombas, unha pa e un helicóptero.

Incendio Viana do Bolo
Incendio Viana do Bolo | Fonte: @BrifLaza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta