Alemaña amplía a toda España a consideración de zona de risco

As illas Baleares tamén serán zona de risco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2020 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

As autoridades de Alemaña concluíron que toda España, incluída Baleares, coa única excepción das Illas Canarias, é unha "zona de risco" por contaxios do novo coronavirus, polo que quen regresen deberán someterse a unha proba e poderían quedar suxeitos a corentena, en función do que decidan os gobernos rexionais.

A portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña, Maria Adebahr, xa avanzara este venres en rolda de prensa que o Executivo de Angela Merkel estaba a estudar emitir unha recomendación de non viaxar a Baleares debido ao aumento de casos de COVID-19.

Fontes do Goberno aseguraron que as Illas, popular destino turístico para os alemáns, pasarán a ser unha zona de risco, do mesmo xeito que o resto de zonas de España que aínda non foran incluídas nesta lista. Por agora só figuraban Madrid, País Vasco, Aragón, Cataluña e Navarra.

Aeroporto de Lavacolla
Aeroporto de Lavacolla | Fonte: turismodegalicia.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta