Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/03/2013 | Actualizada ás 22:46
Se o Celta de Vigo derrota ao Deportivo da Coruña a partir das 21:45 en Riazor será unha sorpresa. Polo menos, para as principais casas de apostas.
Así, Bet365 paga até 3,1 euros por cada un que se aposte polos vigueses, a mesma cantidade que William Hill; mentres que Jueguing e Mi Apuesta pagan tres euros.
A victoria herculina págase menos, proba que de que os herculinos parten como favoritos malia ser colistas da Primeira División. Mi Apuesta, William Hill e Bet365 achegan 2,3 euros por cada euro apostado, en Jueguing é un chisco menos, pero moi pouco, 2,25.
Os derbis soen ser tan disputados que o empate é o resultado máis improbábel e, polo tanto, o mellor pagado, até 3,3 por cada euro apostado.
Nas pernas dos xogadores tamén pesará o feito de que os dous equipos arrastran unha racha moi negativa. Os celtiñas gañaron só un dos seus últimos 13 partidos e os deportivistas venceron nun dos últimos 17. En teoría, a estatística apunta a que alguén debera marchar cos tres puntos de Riazor.
No eido deportivo, Álex López, Samuel, Hugo Mallo e Natxo Insa serán baixa por lesión nos vigueses. A principal novidade na convocatoria de Abel Resino é o canteirán Levy Mandida.
Aranzubia, Lux, Riki, Nelson, Camuñas, Salomão, Juan Domínguez, Alex, Ayoze, Insua, Manuel Pablo, Aythami, Silvio, Marchena, Assunçao, Abel Aguilar, Bruno Gama, Valerón e Pizzi forman a convocatoria do Deportivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.