Festival RIR, un pouco de humor para tempos de pandemia

Allariz acolle por terceiro ano consecutivo este evento que proxectará 42 curtametraxes de animación e ficción entre os días 2 e 6 de setembro.

Por X.M. Fernández | Allariz | 22/08/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Zinemusik e Escena Sonora coa colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense, organizan o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia. Un evento no que os espectadores poderán gozar, de forma segura seguindo todos os protocolos sanitarios, da proxección dunha selección de curtas de humor procedentes de diferentes países así como doutras actividades paralelas que incluirán espectáculos infantís, cinema ao aire libre e música.

Presentación Festival RIR 2020. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Presentación Festival RIR 2020. Foto: Prensa Concello de Allariz.

Óscar Doviso e Jose Freiría, director e co-director do festival RIR, explicaron na presentación do evento as medidas que se tomarán para desenvolver a programación, con protocolos e garantías para o público asistente. Así mesmo agradeceron o apoio loxístico e económico por parte do Concello de Allariz e da Deputación de Ourense.

A edición deste ano está dedicada a Harold Lloyd e nela competiran 42 curtas de animación e ficción que se poden consultar no programa do festival. Os espazos nos que se desenvolverán as mesma estarán distribuídos entre a Casa da Cultura, a Fundación Vicente Risco, o Espazo BenComún, o Campo dos Brancos e a Praza do Matadoiro.

Allariz acolle por terceiro ano consecutivo o Festival RiR, "consolidándose no tempo e  afianzándose" segundo comenta a alcaldesa da vila, Cristina Cid. A rexedora remarca tamén a importancia dunha programación cultural estable, na que o Festival RIR se enmarca nos últimos anos, formando parte destes obxectivos que o concello sempre defendeu, como son o entretemento e a actividade económica, xa que a cultura tamén é un motor económico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta