Soben a 641 os falecidos en Galicia tras a morte dunha muller de 93 anos que estaba contaxiada polo brote do Incio

En concreto, trátase da sexta vítima mortal vinculada co brote rexistrado na residencia do Incio, tras a morte o sábado dunha muller de 83 anos que estaba tamén ingresada no HULA.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Unha muller de 93 anos diagnosticada con COVID-19 e que permanecía ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) faleceu este domingo, polo que a cifra total de mortes vinculadas coa pandemia elévase a 641 na Comunidade.

Fontes dos departamentos de Sanidade e Política Social confirmaron que a muller, con patoloxías previas, procedía da residencia do Incio, que foi intervida pola Xunta tras detectarse un numeroso brote, que afecta na actualidade a 117 persoas --90 usuarios e 27 traballadores--.

En concreto, trátase da sexta vítima mortal vinculada co brote rexistrado neste centro, tras a morte o sábado dunha muller de 83 anos que estaba tamén ingresada no HULA.

Ao longo deste fin de semana notificáronse un total de cinco falecementos de persoas diagnosticadas coa COVID-19, tres deles o sábado e dous máis este domingo.

Co incremento dos brotes, as mortes ligadas á pandemia regresaron á Comunidade. O dunha muller de 91 anos o pasado 7 de agosto en Ourense foi o primeiro deceso en Galicia desde o inicio da 'nova normalidade'. A este falecemento sumáronse outros 21 desde entón.

A comunidade encadeara ata ese momento case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa COVID-19.

Unha sanitaria nunha xanela da residencia de anciáns do Incio, en Lugo, onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Unha sanitaria nunha xanela da residencia de anciáns do Incio, en Lugo, onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta