UU.AA. advirte do risco no rural: "60.000 nenos conviven á súa vez con preto de 300.000 maiores"

Avisa de que os protocolos non atenden a singularidade das zonas rurais e as consecuencias da corentena para gandeiros e maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

Preocupación e interceza entre gandeiros e veciños do medio rural ante o inicio do curso. O sindicato Unións Agrarias e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais advertiron de que os protocolos de actuación da administración para afrontar a pandemia, e en concreto para o retorno da actividade escolar, non prevén a casuística e as particularidades das localidades menos poboadas e os municipios situados en zonas tradicionalmente agrarias.

O principal temor destas organizacións radica nos pasos a seguir ante un posible positivo e para compaxinar o cumprimento das medidas de illamento e a corentena co coidado das explotacións, dos animais e mesmo á hora de tratar o material e o leite ordeñada nas súas granxas.

Segundo explicaron Roberto García e Rosa Arcos, representantes de UU.AA e de Fademur, o problema ten varias vertentes debido ás características do medio rural, sobre todo pola dispersión e o envellecemento poboacional.

O inicio do curso representa un risco "alto" para este tipo de municipios, engadiron, pola convivencia de poboación sensible e o escenario que podería carrexar para a totalidade dunha mesma localidade, na que case todos os núcleos familiares contan con escolares e con maiores e poboación envellecida convivindo no domicilio.

"Máis de 60.000 nenos conviven á súa vez con preto de 300.000 maiores, nuns puntos dedicados sobre todo a actividades agrícolas e gandeiras", indica. Así mesmo, o transporte é mixto entre escolares e veciños, o que ao seu xuízo engade outro factor de risco de contaxio para os cidadáns.

García incidiu na urxencia de aclarar e de abordar un protocolo para xestionar posibles casos e os seus efectos nas explotacións gandeiras, posto que deixa nunha situación "case imposible" aos encargados e veciños.

"Ou incumprimos o illamento ou o coidado da explotación", engadiu, para insistir na problemática de manter estas medidas durante 15 días co cumprimento con estas tarefas, sobre todo tendo en conta as importantes sancións como consecuencia de saltarse as corentenas. "Estamos a tempo de buscar un protocolo que permita cumprir coas esixencias sanitarias, minimizar o risco no rural", asegurou.

RISCO "AGUDIZADO"

Rosa Arcos, de Fademur, sinalou en que non se poden aplicar os plans e protocolos previstos a núcleos urbanos e rurais nas mesmas condicións, debido a estas particularidades, posto que o contacto estreito está "aínda máis agudizado" nas comarcas.

Estas organizacións reclaman protocolos que aclaren e garantan a "xestión e bo funcionamento" destes centros, ademais de garantir "un ensino de calidade" ao rural e medios de actuación ante un hipotético regreso á educación telemática en zonas sen unhas boas condicións de conectividade.

Vacas pastando nun campo galego. XUNTA
Vacas pastando nun campo galego. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta