O número de vítimas por COVID sube a 652 as en Galicia logo da morte dun home en Pontevedra

A Consellería de Sanidade notificou o falecemento nas últimas horas. Era un home de 79 anos con patoloxías previas, sendo o segundo falecemento este xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou o falecemento nas últimas horas en Pontevedra dun home de 79 con COVID-19, o que eleva a 652 as vítimas mortais da pandemia en Galicia.

En concreto, trátase dun paciente ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, de 79 anos e que presentaba patoloxías previas.

Trátase do segundo falecemento comunicado este xoves, dado que Sanidade informou no parte da mañá da morte dunha persoa usuaria da residencia Orpea de Culleredo, un home de 88 anos tamén con patoloxías previas.

Desde a 'nova normalidade' rexistráronse un total de 32 decesos na Comunidade, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen falecementos por esta enfermidade.

No entanto, os rebrotes e o incremento de casos levaron, lamentablemente, a que se volvan a producir falecementos relacionados con esta enfermidade. En concreto, a do mércores foi unha xornada negra en Galicia, coa comunicación de seis mortes.

Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta