Declaran extinguido o incendio de Carnota e controlado o da Mezquita que xa arrasou case 240 hectáreas

Permanece estabilizado outro lume que afecta desde as 12,45 horas á parroquia de Augasantas, en Cerdedo-Cotobade, e que afecta a 20 hectáreas de arboledo e outras 45 de raso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

Os efectivos de loita contra o lume lograron extinguir por completo o incendio que afectaba o domingo ao municipio de Carnota, e puideron controlar o que arrasou preto de 240 hectáreas na Mezquita.

No primeiro caso, o lume quedou sufocado ás 18,49 horas, e afectou a unhas 89,02 hectáreas de raso, tras iniciarse na parroquia de O Pindo.

Pola súa banda, o incendio da Mezquita (parroquia de Esculqueira) que entrou por Portugal o mediodía do sábado, está controlado desde as 19,30 horas deste luns. De momento, a superficie afectada rolda as 240 hectáreas.

Permanece estabilizado outro lume que afecta desde as 12,45 horas á parroquia de Augasantas, en Cerdedo-Cotobade, e que afecta a 20 hectáreas de arboledo e outras 45 de raso.

Doutra banda, xa están controlados outros dous incendios que afectan desde a tarde do luns ao municipio de Muíños e a parte do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Ambos afectan a preto dunha hectárea cada un e quedaron controlados desde as 18,35 horas e as 18,57, respectivamente.

Incendio na Mezquita que procede doutro lume de Portugal
Incendio na Mezquita que procede doutro lume de Portugal | Fonte: Diario do Támega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta