Arde Ourense: case 10.000 hectáreas queimadas en 14 concellos e parte do parque do Xurés calcinado

Os peores lumes son o do Xurés, con dous focos diferentes e máis de 2.000 hectáreas queimadas, as mesmas que o de Vilariño de Conso. En Cualledro son xa 1.300.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/09/2020 | Actualizada ás 22:22

Comparte esta noticia

A vaga de incendios que afecta a Ourense desde o pasado fin de semana supera xa as 9.000 hectáreas queimadas en varios municipios da provincia. Os de maior envergadura son os rexistrados en Vilariño de Conso, Lobios e Cualedro, que seguen activos, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

O de Vilariño empezou o domingo, na parroquia de Sabuguido e, segundo as últimas estimacións afecta a unhas 2.000 hectáreas; a mesma superficie provisional computada no lume que, desde o sábado afecta a Lobios. Rexistrado na parroquia de Río Caldo, danou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

En Cualedro, onde quedou desactivada a alerta por proximidade a núcleos de poboación, rexístranse dous lumes na parroquia de Montes. O máis grande iniciouse o domingo e afecta a unhas 1.300 hectáreas. O segundo, iniciado o luns, queimou unhas 80 hectáreas.

Activos seguen tamén os incendios de Chandrexa de Queixa --cunhas 500 hectáreas queimadas-- e Rairiz de Veiga, na parroquia de Sabariz, que danou 300 hectáreas; así como o de Vilardevós, que empezou na madrugada do luns na parroquia de Vilar de Cervo e afectou xa a unha superficie de 350 hectáreas.

En Manzaneda seguen activos tres lumes: un na parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente a unhas 450 hectáreas de superficie; e un na parroquia de Paradela, que se uniu ao rexistrado en San Martiño, o que, segundo a Xunta, evidencia "a clara intencionalidade". Entre os dous últimos suman unha superficie arrasada de 400 hectáreas.

Tamén activos seguen os lumes da Mezquita, que entrou o luns procedente de Zamora e afecta xa a 450 hectáreas; e Montederramo, na parroquia de Gabín, que rolda as 30 hectáreas queimadas.

ESTABILIZADOS, BAIXO CONTROL E EXTINGUIDOS

Estabilizados están os lumes de Vilar de Barrio, A Gudiña e Muíños, tras queimar, respectivamente, 700, 150 e 11 hectáreas --no caso do de Muíños estas 11 hectáreas afectan o Parque do Xurés--. Controlados están os lumes de Laza e A Pobra de Trives, tras queimar no primeiro caso 60 hectáreas e 50 hectáreas no segundo.

Tamén permanece controlado desde o luns o lume rexistrado no municipio lucense de Ribas de Sil, que se iniciou con catro focos simultáneos e afectou a unhas 60 hectáreas.

Finalmente, segundo a información de Medio Rural, ás 14,10 horas quedaron extinguidos os incendios rexistrados en Maceda, tras afectar a unhas 222,08 hectáreas.

MEDIDAS URXENTES

Pola súa banda, a CIG emitiu un comunicado no que esixe a dimisión do director xeral de Montes por "non reforzar a prevención" ante as previsións meteorolóxicas. Ao tempo, instou á Xunta a acometer "medidas urxentes" para fortalecer o sistema de prevención e de extinción que vaian "máis aló de esperar a que chova".

Bombeiros de lle UME no incendio de Vilariño de Conso.. Rosa Veiga - Europa Press
Bombeiros de lle UME no incendio de Vilariño de Conso.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 anonimo

Case 10.000 hectáreas queimadas polos pirómanos. Eis o título exacto. Non se pode poñer un garda en cada hectárea de monte 24 horas ao día. Por moi abandonado ( polo seus donos) que esté o monte, sen os pirómanos non habría nen o 20 % dos incendios que hai hoxe. Os incendios empezan pola tarde- noite, en tempo seco, con vento e con varios focos. A intencionalidade está clara. Pero para algúns os pirómanos, simplemente ou non existen, ou non son a causa dos incendios,

1 Kajs

Ninguén esquece aos pirómanos, que son oa primeiros responsables. Pero quen ten que velar, para que non suceda ou para reducir ao máximo o dano, e para que eses miserables paguen? Pois as autoridades... E a Xunta vese incapaz, entre a paralise e a incompetencia, e a o Goberno do Estado dalle o mesmo coma sempre...

3 Alienao

Camiño da desertización en AVE, que paisaxe máis bonita nos vai quedar.

2 o de todos os anos

Dubido moito que o xures e o macizo central sexan xoias, mais ben son bisuteria... a cousa comenzara a preocupar de verdade cando comence arder pola provincia da coruña, onde os gobernantes teñen a sede episcopal do mandato subordinado de Expaña, ou no seu defecto se arde polos arrededores da cidade de Vigo, para deixar en ridiculo o seu alcalde-presidente! A PREGUNTA E SI SE SUPERARON XA AS 20.000 HECTAREAS QUE DABA A XUNTA A PRINCIPIO DE CAMPAÑA!!!-

1 Xaxa

O Xurés tiña unha flora moi particular, xa que é unha zona de transición entre a eurosoberiana e a mediterránea, ademais do patrimonio cultural, dende lo que era unha xoia pero vamos non sei con que criterio falas. Vexo que non tes moita idea do tema

1 Enoxado

Qué triste que cada ano teñamos que aturar o mesmo. Basta xa de impunidade para os pirómanos. Basta xa de políticas inutis por parte da Xunta. Basta xa da nula protección de espazos naturais como Xures ou o macizo central, dúas xoias que difícilmente tornarán a ser iguais, e menos coas políticas actuais