16 lumes, dez deles sen control, arrasan Ourense

Xa son case 10.000 as hectáreas queimadas nesta vaga de incendios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense rexistra este mércores 16 incendios forestais que afectan a máis de 9.000 hectáreas de superficie, dez deles sen control, tres estabilizados e outro tres permanecen controlados.

Segundo a información actualizada pola Consellería do Medio Rural, seguen activos os incendios da parroquia de Sabuguido en Vilariño de Conso que afecta a 2.000 hectáreas; o de Río Caldo en Lobios con outras 2.000 hectáreas no Parque Natural do Xurés; outros dous en Montes en Cualedro, con 1.300 e 80 hectáreas queimadas; outro que afecta a 500 hectáreas en Chandrexa de Queixa; dous en Manzaneda con 450 e 400 hectáreas; outro na Mezquita con 450 hectáreas; outro en Rairiz de Veiga con 300 hectáreas e outro con 30 en Montederramo.

ESTABILIZADOS E CONTROLADOS

A eles súmanse outro tres incendios estabilizados na provincia de Ourense nos concellos de Vilar de Barrio, con 700 hectáreas queimadas; Vilardevós, con 350 e Muiños, con 11 hectáreas no Parque do Xurés.

Polo seu lado, na provincia de Ourense foron controlados o lume iniciado o sábado na parroquia de Camba en Laza que afecta a 60 hectáreas; outro na parroquia de Pentes na Gudiña cunhas 150 hectáreas calcinadas e outro na Pobra de Trives, cunhas 50 hectáreas.

A eles súmase outro incendio controlado desde as 22,34 horas do luns na parroquia de Peites no municipio lucense de Ribas de Sil, onde arderon unhas 60 hectáreas.

Incendio de Vilariño de Conso.. Rosa Veiga - Europa Press
Incendio de Vilariño de Conso.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Devezo

Consellería de Medio Rural DIMISIÓN en bloque!! Cambio de políticas forestais da Xunta XA!!! Castigo para os pirómanos!!!