Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 20:54
Un incendio declarado nunha casa de dous pisos na Pobra de Trives saldouse con dúas persoas trasladadas ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume e provocou importantes danos na primeira planta da vivenda.
Os feitos tiveron lugar en Sobrado, na estrada xeral, ao fío das 13,45 horas. Nese momento, o 112 Galicia tivo coñecemento do incendio a través da alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O 112 Galicia solicitou a intervención da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, dos efectivos do GES de Castro Caldelas e dos axentes da Garda Civil.
Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia finalizaron os labores de extinción do lume preto das 16,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.