A Xunta: "Debemos de frear que Galicia sexa un lugar ao que veñan ocupar vivendas desde outros lugares"

A conselleira de Vivenda liga o fenómeno okupa á existencia "dun gran número de vivendas baleiras" en Galicia. Pide man dura contra os okupas pero di que non ten competencias e que depende do Goberno central

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2020 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángelez Vázquez, cre que a existencia dun "gran número de vivendas baleiras" en Galicia débese á preocupación por parte dos propietarios de que os seus inmobles sexan ocupados ilegalmente.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, comparecendo no Parlamento. XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO - Arquivo / Europa Press
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, comparecendo no Parlamento. XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO - Arquivo / Europa Press

"A xente que ocupa unha vivenda non recorre á Xunta para que mobilicemos axudas. É xente que vai por libre", engadiu Vázquez, despois de apuntar á existencia de "mafias" detrás das ocupacións de vivendas, á vez que alertou que "non todos" os que ocupan vivendas "son galegos". "Debemos de frear que Galicia sexa ese lugar ao que veñan ocupar desde outros lugares", avisou.

"Hai un gran número de vivendas baleiras en Galicia, pero por temor ao que poida ocorrer nun futuro, por temor a perder o fogar, por temor a atoparse ese fogar nunhas condicións que non sexan dignas. Ao final os propietarios se retraen e iso fai que non saia un 'parking' público de aluguer como deberiamos", dixo Vázquez.

Así se pronunciou a titular de Vivenda nunha entrevista concedida á Radio Galega na mañá deste domingo recollida por Europa Press. Nela, Vázquez solicitou ao Goberno central que actúe para protexer aos propietarios a través de modificacións dos códigos civil e penal para facilitar os desaloxos.

Segundo Vázquez, esta postura da Xunta foi trasladada ao Executivo central no mes de xuño pero "eles entenden que hai unha realidade xurídica e que hai amparo" para os propietarios. "Nós entendemos o contrario", dixo. Cuestionada polas palabras do vicepresidente Pablo Igrexas nas que asegurou que o problema é de "especulación" coa vivenda, Vázquez sinalou que se trata dunha análise "totalmente equivocada", como demostra, ao seu xuízo, que a Fiscalía Xeral do Estado enviase unha circular aos seus membros para aclarar criterios.

SEN CIFRAS

"As administracións públicas debemos dar un paso adiante. Dínnolo os veciños, hai estudos e vémolo no día a día", incidiu Vázquez, quen non puido precisar o número total de vivendas que están ocupadas ilegalmente en Galicia. "Descoñecemos o número", apuntou, antes de avanzar que a Administración galega traballará na elaboración, da man dos administradores de leiras --"son os primeiros que reciben a información"--, dun "mapa" sobre esta problemática, que é "moi cambiante". 

Así as cousas, puxo o foco en que a Xunta carece de "marxe de actuación" para a desocupación das vivendas máis aló de axudar ás persoas que realizan estas accións a través de políticas públicas de vivenda, aínda que manifestou que o "problema" é que estas non "queren deixarse axudar".

Por último, a conselleira avanzou que este luns o seu departamento manterá unha reunión con colectivos veciñais de Lugo, Ourense e Ferrol para abordar a ocupación de vivendas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Xa estamos botando balóns fóra ! https://twitter.com/00Gamela/status... Algúns Okupas teñen todo o dereito do mundo a okupar propiedades ca SAREB ten bloqueadas dende hai DEZ ANOS !!!

2 Sentidiño

A axenda do pp de madrid transplantada aquí sen criterio ningún. Mañá pedirán aumentar o número de vagóns do metro.

1 Arteixá

Hahahahahahaha, imos gastar tempo e cartos nun problema inventado por se okupan a casa de verán de catro madrileños