Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 15:15
Este xoves tras o paso dunha fronte na xornada do mércores, espéranse intervalos anubrados, con chuvascos ocasionais, máis probables pola tarde.
Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do noroeste en xeral, frouxo no interior e moderado na costa, con intervalos fortes no extremo norte.
Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 22 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán ata os 11 graos en Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.