A Deputación de Pontevedra quere impulsar a economía cunha campaña turística pensada para o outono

Carmela Silva di que mobilizou millóns de euros na rede de oficinas e apoio a proxectos do sector e dos concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, avanzou este venres en rolda de prensa os actos programados con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebra este domingo 27 de setembro, e este ano dedícase ao rural "e temos elaborado un vídeo que difundiremos ese día".

Carmela Silva considera que estes actos poden ser "unha xanela de oportunidades para as zonas rurais" e nese vídeo elaborado pola Deputación destacaranse "os valores naturais do noso territorio" e o turismo sustentable.

Esta acción enmárcase na campaña "Segue ou teu instinto" e chega "nun momento difícil para o turismo" polo que o Goberno provincial considera que "ten que ser tamén un mecanismo para profundar noutro modelo que xerará novas oportunidades".

A presidenta provincial asegurou que son "conscientes de que turismo e desenvolvemento rural van da man" e destacou que "desde hai 5 anos" a Deputación de Pontevedra mobilizou millóns de euros na rede de oficinas e apoio a proxectos do sector e dos concellos e "moitos investimentos para dotar ao rural de equipamentos e servizos".

Igualmente Carmela Silva insistiu en que "é fundamental apostar por un turismo sustentable que respecte a biodiversidade" e, neste sentido, anunciou que "a próxima semana comezamos a nova campaña de difusión de outono, para desestacionalizar o destino".

NOVENO PREMIO

Nesta mesma rolda de prensa a presidenta da Deputación provincial comunicou que o audiovisual da campaña promocional "Fame de experiencias" gañou o seu noveno premio neste ano 2020, sendo recoñecido como o Mellor Vídeo de Produto Turístico por parte do Festival Internacional de Cinema de Turismo de Istambul.

Un recoñecemento que obtivo en Turquía en competición con outras 350 pezas de 75 países. O festival forma parte do circuíto internacional enmarcado na International Cifft Federation sendo un importante evento de comunicación e promoción onde compiten películas de temática turística.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Os que cobran 5.500 ao mes, non teñen problema á hora de deseñar campañas turísticas de calidade (?) Pero entre as máscaras, as medidas de confinamento e a miseria económica na que andamos os demáis... non sei quen vai ocupar habitacións por 300 € / noite por máis ameixas que lle poñas de balde (?) Estamos ante unha futura "recuperación económica en K" é dicir, a partires da pandemia dúa velocidades os van subir coma escuma e os que van caer aos infernos ! Carmela sempre estará cos primeiros dende a súa magnífica atalaia na illa de Toralla ! Of course !