Traballadores auxiliares das Pontes acusan a Endesa de mentir sobre a situación da central

Aseguran que o número de afectados "non coincide" co que traslada a compañía. Esixen "garantías" para os seus postos de traballo de cara á transición ecolóxica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Unha representación dos traballadores das empresas auxiliares de Endesa nas Pontes e representantes dos sindicatos CC.OO, UGT e CIG concentráronse, ante a Delegación do Goberno en Galicia, para esixir que se constitúa a Mesa da Industria Auxiliar e "garantías" para o emprego.

Nunha protesta con pancartas coas lemas 'Na defensa de emprego nas auxiliares de Endesa' ou 'Goberno, Xunta, Endesa, traballadores dás auxiliares que!. Solucións xa', os representantes sindicais reclamaron que a citada Mesa se constitúa dentro da de Transición Ecolóxica para concretar, entre outras cuestións, "o número de afectados" pola situación da central térmica.

"O número de afectados non coincide co que traslada Endesa", expuxo Alberte Amado, de CIG-Industria, quen pediu unha "transición xusta" para os traballadores. Sobre as probas con biocombustibles, dixo que "todo apunta a que poden ser favorables" e que se trata dun camiño a "explorar". No entanto, engadiu que queren ter "garantías de emprego".

Representantes de empresas auxiliares de Endesa nas Pontes mobilízanse ante a Delegación do Goberno. CIG
Representantes de empresas auxiliares de Endesa nas Pontes mobilízanse ante a Delegación do Goberno. CIG | Fonte: Europa Press

ACUSACIÓNS Á COMPAÑÍA

"As garantías están ata o final das probas", precisou a Europa Press Alberte Amado, quen asegurou que por parte da compañía "séguese cos trámites de peche, xestionando a saída de perosnal propio con prexubilacións e recolocaciós".

"Todo é reversible, pero a aposta de Endesa non a temos tan clara", dixo ao incidir en que se deben fixar garantías de emprego máis aló da finalización das probas, "que poderían finalizar este mes", apuntou. Mentres, cifrou nuns 200 traballadores os afectados pola actual situación. Tras a concentración, trasladáronse á Subdelegación do Goberno para manter unha reunión coa súa máxima responsable, Pilar López-Riobóo, segundo informaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta