A liberación dos remanentes permitirá aos concellos galegos dispor de 1.285,1 millóns de euros

No conxunto do Estado son 16.913,4 millóns de euros.

Por E.P. | A Coruña | 04/10/2020 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A decisión do Goberno de permitir aos concellos recorrer "sen límite" dos seus remanentes de tesouraría suporá que os municipios poidan dispor dun total de 16.913,4 millóns de euros que almacenaron as entidades locais ata setembro deste ano; dos cales 1.285,1 millóns de euros corresponden ás corporacións galegas.

Así se desprende dos cálculos realizados polos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) aos que tivo acceso Europa Press e que están actualizados ata finais de setembro de 2020. As entidades locais que maiores remanentes de tesouraría dispoñen son as situadas nas comunidades autónomas de Cataluña, Canarias e Andalucía.

Deste xeito, Cataluña (2.597,8 millóns) encabeza a maior cifra dos remanentes de tesouraría que as entidades locais teñen depositados nos bancos, seguida por Canarias (2.125,2 millóns), Comunidade Valenciana (1.676,8 millóns) e a Comunidade de Madrid (1.356,8 millóns). A continuación sitúanse os entes locais de Galicia, con 1.285,1 millóns de remanentes.

Diñeiro
Diñeiro | Fonte: EP

Entre as cidades máis grandes, a cidade de Madrid, con 3,26 millóns de habitantes, dispón de 1.043 millóns de euros en remanentes positivos, que poderá dispor para reducir déficit, mentres que Barcelona, con 1,63 millóns de habitantes, conta con 159,29 millóns de euros en remanentes.

Outras cidades destacadas son Valencia (50,12 millóns de euros en remanentes), Málaga (78 millóns), Palma (65,3 millóns), Sevilla (6,23 millóns), Valladolid (49,77 millóns) ou Zaragoza (30,6 millóns), segundo os datos recolleitos por Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pero Vigo non aparece na lista, e segundo o falabarato do alcalde tiña arredor dos 100 millóns de remanente, que logo de 13 anos gobernando non foi quen de gastar porque unha cousa son os orzamentos e outra moi distinta a súa EXECUCIÓN ! Executado e na praza pública debera ser un individuo que xa ten montadas as luces do Nadal en Outubro !