Militares denuncian que "aínda non cobraron" polos servizos prestados durante o confinamento

Aseguran que os complementos pola "Operación Balmis", que incluíu despregues en Galicia, non se repartiron de xeito obxectivo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Case 4 meses máis tarde, segue a haber militares do Exército español que non cobraron polos servizos prestados no confinamento. É a denuncia que vén de realizar a Asociación de Tropa y Marinería Española, que vén de subliñar o "esquecemento" do Ministerio de Defensa ante as labores de limpeza e control desenvoltas nos meses do estado de alarma.

Militares da BRILAT depregados en Vigo
Militares da BRILAT depregados en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

Segundo subliñan dende a Asociación, a retribución polos servizos prestados desenvolveuse en forma dun complemento que, en moitos casos, non se chegou a cobrar. A plataforma vencella esa problemática ó feito de que a distribución dos pagamentos "non se realizou con criterios obxectivos", unha circunstancia que está a derivar en "descontento xeralizado".

O reparto dos complementos, no canto de desenvolvelo de xeito directo o Ministerio de Defensa, quedou ó cargo das unidades dos respectivos exércitos coa intención de que estas fixeran un reparto unificado. Pero a realidade foi -segundo a asociación- a contraria: "cada unidade esbleceu o seu propio criterio para a súa distribución", que os militares ven "pouco obxectiva".

SILENCIO DO MINISTERIO

Ante esta circunstancia, a Asociación optou por dirixirse ó Ministerio de Defensa para inquirir a cantidade total de fondos destinados ó complemento e os criterios tomados en conta polas unidades, entre outras cuestións. Denuncian, nestre aspecto, que o Ministerio "non respondeu á maioría das cuestións", que incluía unha interrogante sobre o número de militares sen cobrar.

Por riba, a plataforma denuncia que a rama do Goberno comandada por Margarita Robles optou por non responder á "pregunta directa" de estes problemas "ían ser subsanados" polo Ministerio. A ATME amousouse "indignada" fronte ao silencio do Ministerio e o reparto dos fondos sen criterios obxectivos, unha circunstancia que, destacan, non é nova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Muxe

Estudiaran...