Temas: ZAS ACCIDENTE 112

Liberada unha muller que quedou atrapada por unha man nunha máquina de podar en Zas

O 112 tivo coñecemento do ocorrido ás 16,10 horas, a través dun particular que solicitaba asistencia para a muller atrapada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Os Bombeiros de Santa Comba liberaron a unha muller no lugar de Cerne, no termo municipal coruñés de Zas, que tiña unha man atrapada nunha máquina de podar plantas.

Para iso utilizaron o material de excarceración. Unha vez liberada, a muller foi trasladada nunha ambulancia a un centro médico, segundo informa o 112.

O 112 tivo coñecemento do ocorrido ás 16,10 horas, a través dun particular que solicitaba asistencia para a muller atrapada. O 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Santa Comba e da Agrupación de Voluntarios.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Temas: ZAS ACCIDENTE 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta