Endesa defendeu a "calidade" da auga do Eume catro días antes de que o concello prohibira consumila

ADEGA denunciou, hai unhas semanas, a presenza dun "vertedoiro" no encoro. A plataforma ecoloxista apuntou directamente a ENDESA, que explotou o espazo durante décadas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Novo episodio dun acontecemento ambiental que ameaza con prolongarse. Mentres os habitantes de Pontedeume seguen ser poder beber ou cociñar coa auga que baixa do Encoro do Eume, Galicia Confidencial vén de recuperar unhas declaracións da compañía Endesa que poñen en dúbida o seu papel nos vertidos que hoxe ameazan o ecosistema do Eume.

Encoro do Eume
Encoro do Eume | Fonte: wikipedia

Tal e como publicou GC, hai apenas unhas semanas diversas asociacións ecoloxistas cargaban contra a compañía polas "vergoñas" das súas explotacións no entorno ao longo do século XX. En concreto, as plataformas destacan que a baixada no nivel da auga deixara ao descuberto un vertedoiro en pleno parque natural.

A historia, lonxe de rematar neste punto, colleu forza cando o concello de Pontedeume anunciou que prohibía o consumo de auga da traída por superar esta o nivel de turbidez máximo establecido. Esta circunstancia debíase ó estado do propio encoro do Eume, do que se nutre a rede pública de auga da contorna.

"CALIDADE ACREDITADA"

Neste aspecto, cómpre destacar que, tan só catro días antes do peche por parte do Concello, a compañía asegurou á axencia EFE que a "calidade da auga" do Eume estaba "acreditada por laboratorios alleos e da Xunta". Do mesmo xeito, a empresa subliñaba que non existían "sedimentos perigosos" ou tóxicos no río.

O anuncio da prohibición por parte do consistorio vén de levantar as críticas de asociacións ecoloxistas ante o "silencio" das administracións durante días. En particular, o chamado Colectivo Terra vén de cargar contra o "desleixamento" das autoridades tras anunciar que desenvolverán un estudo privado dos lodos do encoro "na procura de metais pesados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta